_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Independencia, punto de partida dos roteiros a pé e en bicicleta da Semana da Mobilidade

A Semana da Mobilidade arranca hoxe cunha ampla carta de actividades que teñen como obxectivo conseguir unha cidade máis accesible e libre de vehículos promovendo os desprazamentos a pé e en bicicleta. A Praza da Independencia será o punto de partida das rutas guiadas a pé e en bici e tamén será o escenario do obradoiro de posta apunto de bicicleta a desenvolver durante toda a semana. En Fexdega comeza o taller de educación viaria e en Valentín Viqueira e Praza de Galicia haberá, respectivamente, proxeccións e exposición de fotografías relacionadas cona mobilidade. A Semana da Mobilidade finánciase con fondos europeos a través do proxecto EDUSI que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía a través do proxecto “Vilagarcía Avanza”.
16.09.2019.- A primeira xornada da semana da Mobilidade ábrese pola mañá en Fexdega co taller de Educación Viaria dirixido pola Policía Local. Tamén pola mañá e en colaboración cos colexios de Infantil e Primaria levaranse cabo a partir de hoxe a actividade “Vai ao cole na Vila da Mobilidade” que ten como obxectivo promover e facilitar que os nenos e nenas vaian á escola a pé e de forma autónoma.

A actividade trasládase pola tarde á Praza da Independencia dende onde partirán os roteiros en bicicleta por distintos puntos da cidade e aproveitando os trazados que seguirán as ciclovías. Estes paseos en bici realizaranse entre as 17 e as 19 horas e, no se transcurso, realizaranse medicións acústicas cun sonómetro para comparar o nivel de ruído que soportamos os cidadáns en vías con tráfico en comparación co das vías peonís. A actividade conta coa colaboración de Arousa en Bici.

Tamén dende o denominado Park(ing) da Independencia partirán os roteiros históricos cada día ás 19.00 horas e que levarán aos participantes pola Praza de España. Pazo e Convento de Vista Alegre, Castro de Alobre, Parque Botánico, Praza de Abastos, O castro, Praza da Peixería, Alameda, Rúa a Baldosa e Praza de Ravella. Con este paseo, ademais de demostrar que Vilagarcía é unha cidade apta para camiñar e desprazarse a pé, tamén se pretende aproveitar para fomentar io coñecemento da historia da cidade a través das súas rúas, prazas, monumentos e mesmo dos nomes das rúas.

Na Independencia tamén se desenvolverá de 18 a 20 horas o taller de posta a punto de bicis impartido por Motobazar.

Pola noitiña tamén comezará na esquina das rúas Valentín Viqueira e Rey Daviña as proxeccións continuadas sobre “A Mobilidade Europea” na que se mostran as solucións á mobilidade adoptadas en diferentes cidades do continente. E na Praza de Galicia instalarase a exposición “A Vila de Onte” na que con fotografías antigas cedidas polo Faiado da Memoria, verase como as rúas Vilagarcía de antaño estaban dominadas polos peóns, que se desprazaban a pe´, e tamén polos ciclistas, modelo ao que se pretende volver nos centros urbanos.

Ademais, está en marcha o concurso de curtas “O Camiñar como Transporte”, no que alumnado de secundaria de Vilagarcía poderá crear un video de 2 minutos co seu móbil mentres camiña pola cidade, para poñer en valor este tipo de desprazamento. Do mesmo xeito, pero dirixido a toda a cidadanía, tamén está en marcha o concurso de fotografía por Instagram, #MóveteporVilagarcía, enderezo no que os participantes poden publicar na sección de “noticias” as súas fotos de cómo desprazarse pola cidade. As mellores imaxes serán premiadas cunha bicicleta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -