_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía celebra a Semana da Mobilidade cunha axenda inclusiva e cargada de actividades para todos os públicos

Como vén sendo habitual dende hai unha década, Vilagarcía súmase aos actos conmemorativos da Semana Europea da Mobilidade cunha axenda moi inclusiva e repleta de actividades para todos os públicos, que se desenvolverá entre o 16 e o 22 de setembro. A concelleira de Mobilidade, Paola María, presentou o extenso programa que terá como escenario as rúas e espazos públicos da cidade e que inclúe tanto actividades tradicionais, como o paseo en bici, o taller de reparación de bicicletas, o Día Sen Coches, ou a charla de educación viaria; coma outras máis novidosas como os concurso fotográfico e de audiovisuais por Instagram, roteiros históricos a pé, roteiros en bici con medicións sonométricas, proxección de audiovisuais e exposición fotográfica na rúa, e actividades do programa A Vila do Mañá.
13.09.2019.- A edil lembrou na presentación que a mobilidade é unha das liñas principais de acción do goberno, como o demostra a creación dunha concellería específica de Mobilidade que nunca antes existira. Ao longo dos últimos anos leváronse a cabo numerosas iniciativas tendentes á procura dunha mobilidade sostible. Estas actuacións baseáronse en priorizar ao peón sobre os vehículos (coas peonalizacións e proxectos en curso, como camiños escolares seguros ou A Vila do Mañá…); na promoción do transporte colectivo fronte o individual (Vai Bus) e no fomento de medios de transporte alternativos saudables e non contaminantes (VaiBike, carril bici, ciclovías…).

Pero a maiores deste feitos, María Mochales apuntou que é necesario e imprescindible facer visible nas rúas esta filosofía e incidir na concienciación cidadá. Neste marco é onde encaixan os actos da Semana da Mobilidade, no marco da convocatoria a nivel europeo, e que este ano sae financian con fondos europeos a través do proxecto EDUSI que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía a través do proxecto “Vilagarcía Avanza”.

“Os obxectivos das actividades son concienciar aos veciños, dar a coñecer todas as iniciativas realizadas, motivar á cidadanía e facer visible nas rúas o modelo de cidade que queremos, no que as rúas sexan espazos de convivencia e espazos agradables e seguros onde os nenos poidan xogar, socializarse, aprender e madurar”, explicou. Ademais, dado que o lema desta Semana Europea da Mobilidade é “Camiña connosco!” un bo número de actividades consisten en rutas e paseos a pé pola cidade.

A concelleira salientou que se trata dun programa inclusivo no que se teñen previsto actividades para a participación de colectivos especiais como os de Con Eles, BATA, Amencer, Centro de Educación Especial e Fundación Lar, a todos os cales agradeceu a boa acollida das mesmas.

Do mesmo xeito, e antes de pasar a desbullar o programa actividade a actividade, a concelleira tamén agradeceu a colaboración e implicación de outros colectivos sociais e veciñais na organización de determinados actos da Semana da Mobilidade (como Arousa en Bici, Moto Bazar, Post Arquitectos, centros educativos e o Fallado da Memoria), así como a labor dos departamento municipais que fan posible o desenvolvemento da mesma (Policía Local, Servizo de Emerxencias e Protección Civil, Área de Comunicación, e Servizo de Obras).

Consulta aquí o programa da Semana Europea da Mobilidade:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -