XUVENTUDE
Amplíase o prazo de inscrición no curso gratuíto de Deseño Prototipado por Impresión 3D Concellería de Xuventude informa de que se amplía o prazo de inscrición no curso gratuíto que de Deseño e prototipado rápido por impresión 3D que, finalmente se impartirá do 1 de outubro ao 2 de decembro no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A actividade está dirixida á mocidade de 16 a 30 anos e ofértase a través do proxecto Millennials da Deputación de Pontevedra cuxo obxectivo é mellorar a empregrabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade. Os interesados poden anotarse a través do enderezo https://www.depo.gal/proxecto_millennials
10.09.2019.- Dezaoito mozos desempregados de entre 16 e 30 anos poderán formarse totalmente gratis neste curso subvencionado polo Fondo Social Europeo. Trátase dunha actividade con moito potencial debido a que se trata dun sector das novas tecnoloxías moi en auxe e con moitas aplicacións. O curso ten unha duración de 316 horas, das cales 200 son horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de carga estimada de traballo do alumnado en proxectos individualizados. A formación será impartida por profesionais/formadores coñecedores do sector e que dispoñen de contactos continuos con empresas do sector e que colaborarán na inserción laboral dos alumnos.
Os contidos a abordar na actividade son: • Módulo de deseño industrial CAD (90 h) o Introdución (3 h) o Croquización (20 h) o Modelaxe de pezas básicas (30 h) o Operación en ensamblaxes (17 h) • Módulo de mecanizado CNC (90 h) o Contorno, deseño alámbrico e manipulación (20 h) o Xeneralidades CAM (5 h) o Operacións de mecanizado 2D (15 h) o Operacións de mecanizado 3D (30 h) • Módulo de impresión 3D (60 h) o Introdución (8 h) o Deseño paramétrico para pezas de FDM (30 h) o Deseño non paramétrico para pezas de FDM (8 h) o Impresión mediante software libre (14 h) • Empregabilidade (16 h)