_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
As Axudas Municipais á Escolarización en Educación Infantil pódense solicitar ata o 16 de setembro

A Concellería de Educación informa de que xa está aberto o segundo prazo para solicitar as Axudas Municipais á Escolarización Infantil que se convocan dende hai anos para aliviar o desembolso que deben facer as familias para a compra de materiais a principio de curso. O Concello establece esta segunda convocatoria xusto antes de comezar o curso para que as familias que escolarizaron aos seus fillos ou obtiveron praza nos centros educativos á última hora, non queden fora destas axudas. O tramite pode realizarse ata o 16 de setembro.
03.08.2019.- O Concello dispón dunha partida de 15.000 euros para estas axudas destinadas ás unidades familiares de convivencia residentes e empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil (de 0 a 6 anos), nos centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa. A axuda por escolar ascende a 60 euros.

Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar, a computar segundo a declaración da Renda relativa ao exercicio de 2018. No caso de que as solicitudes que cumpran os requisitos superen a consignación orzamentaria dispoñibles, as axudas concederanse seguindo a orde da renta per cápita, comezando polas inferiores e ata esgotar a partida.

Os interesados obter os formularios e consultar as bases no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal ou nos departamentos municipais de Educación e Servizos Sociais. As solicitudes deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas.

Bases e formularios de solicitude:


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -