_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A Avenida Doutor Tourón disporá dun só sentido de circulación no tramo de Matosinhos a partir do martes

A partir do martes 3 de setembro, a Avenida Doutor Tourón disporá dun só sentido de circulación no tramo de Matosinhos co obxecto de permitir as obras de elevación da plataforma e do paso de peóns situado fronte as Torres Caixanova. O tráfico entrante á cidade dende a Avenida de Cambados poderá circular igualmente pola vía, mentres que o saínte deberá realizar un pequeno desvío por López Cuevillas (no cruce da farmacia) e Vista Alegre para volver a incorporarse á Avenida de Cambados. O desvío manterase ata que rematen as obras, que se estima teñan unha duración aproximada de dúas semanas.
31.08.2019.- Alternativas de Pablo Picasso e as circunvalacións

A Policía Local recomenda aos condutores que pretendan acceder ao centro da vila dende a Avenida de Cambados que, na medida do posible, opten por facelo a través da Rúa Pablo Picasso e Valle Inclán. En canto aos vehículos de paso, recoméndase o uso das circunvalacións.

A elevación da plataforma e do paso de peóns no cruce de Matosinhos é unha das medidas de seguridade viaria prevista no proxecto de Rexeneración Urbana no Parque de Matosinhos e Rúas da Contorna que está a levar a cabo o Concello de Vilagarcía. A medida é especialmente necesaria ao tratarse a Avenida Doutor Tourón dunha das arterias con maior intensidade de tráfico da cidade e ao ser este paso de peóns o punto de cruce obrigatorio para os centos de nenos e nenas que acoden a diario aos centros educativos situados no recinto da Lomba, ademais de atoparse a carón da parada do transporte urbano que tamén será remodelada con criterios de accesibilidade.

As obras decidíronse comezar xusto a inicio de setembro porque co remate da temporada turística de verán diminúe a intensidade de tráfico, polo que a repercusión será menor. Ademais, os traballos non se poden demorar máis para tratar de que non coincidan co regreso dos escolares ás aulas, momento no que se retoma o transporte escolar e hai máis circulación na zona, tanto de vehículos como de peóns.

Debido ao tempo que leva a preparación do terreo e o que se precisa para o correcto fraguado e secado do formigonado da plataforma, calcúlase que a obra dure uns quince días, período no que se manterá o desvío sinalado. Tan pronto como rematen as obras, a Avenida Doutor Tourón recuperará os dous sentidos da circulación como ata o de agora.

Para alertar aos condutores dos cambios, instalaranse paneis informativos nos principais cruces de acceso á cidade.

Dende o Concello prégase a condutores e veciños que desculpen as molestias que as obras poidan ocasionar durante estes días e lembran que se trata dunha actuación necesaria para mellorar a seguridade viaria neste concorrido punto da cidade que tamén está sendo obxecto dunha importante mellora estética e urbana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -