_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Afectados polas listas de espera da Sanidade comunican ao alcalde a creación dunha plataforma de nivel comarcal

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu no Concello a unha representación do colectivo de Afectados polas listas de espera da Sanidade Pública, que solicitara o encontro co rexedor para expoñerlles a situación e comunicarlle os seus plans, o máis inmediato, a constitución en plataforma de ámbito comarcal. Ao encontro asistiron tamén as concelleiras de Sanidade, Matilde Laya e de Servizos Sociais, Tania García.
30.08.2019.- Os asistentes á reunións comentaron cons edís os seus casos concretos e a situación xeneral que se da nas longas demoras, de varios meses en moitos casos, para ser atendidos por especialistas ou para a realización de determinadas probas médicas que poden ser vitais na detección precoz de enfermidades ou para evitar doenzas que conlevan dor ou se poden agravar co paso do tempo. E tamén puxeron en evidencia as listas de espera para pasar consulta co propio médico de familia na atención primaria, situación agravada nos últimos dous anos.

O grupo de afectados polas listas de espera explicaron a necesidade de agruparse para ter constancia do maior número de casos co obxectivo de denuncialos facer presión ante a Xunta de Galicia para que corrixa a grave situación da sanidade galega. Por iso, xa comezaron a dar os primeiros pasos para constituír unha Plataforma de Afectados polas Listas de Espera de ámbito comarcal.

O goberno local comparte a preocupación e o malestar existente polas deficiencias de funcionamento do Sergas e a negación da Xunta de Galicia da existencia de problemas en xeral, e máis en concreto no Centro de Saúde de San Roque en Vilagarcía e no propio Hospital do Salnés, que son os casos coñecidos directamente en Vilagarcía e obxecto de reiteradas queixas e denuncias por parte de usuarios, profesionais dos propios centros sanitarios tamén do Concello que leva anos esixindo a construción dun novo centro de saúde e a dotación dos medios materiais e humanos necesario para a correcta prestación dos servizos á cidadanía.

O executivo socialista transmitiu aos Afectados polas listas de Espera todo o seu apoio e puxo a súa disposición un local no Auditorio para que o poidan utilizar un día á semana como punto de información ao que se poidan dirixir as persoas que queiran denunciar o seu caso ou recibir asesoramento.

O colectivo manterá nos próximos días outro encontro, neste caso co portavoz socialista de Sanidade no Parlamento galego, Julio Torrado.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -