_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As analíticas tamén descartan o verquido de residuais como causa da mancha detectada o venres na Concha-Compostela

O Concello de Vilagarcía recibiu onte pola tarde o resultado nas analíticas realizadas ás mostras da auga das praias da Concha-Compostela tomadas o venres pola tarde durante a aparición dunha mancha de cor entre amarelo e marrón. As analíticas descartan o verquido de residuais como causa da mancha ao corroborar que os niveis de esterococos e de e-coli se atopaban dentro dos parámetros regulamentarios para as augas aptas para o baño. Como xa apuntaban todas as demais evidencias, así como a consulta prelimilar realizara esa mesma tarde no Intecmar, reafírmase máis aínda que se tratou dun episodio natural provocado pola fermentación dunha microalga como consecuencia das altas temperaturas rexistradas.
30.08.2019.- As mostras analizadas pola División de Medioambiente e Bromatoloxía do laboratorio acreditado Vithas Lab foron tomadas en dous puntos diferentes da Concha Compostela o venres pasado ás 17.15 e as 17.30 horas, tras detectarse unha coloración anómala das augas nas inmediacións do Ramal, que se ía estendendo cada o norte. En ambas mostras os parámetros microbiolóxicos analizados axústanse á regulamentación referenciada (R.D: 1341/2007). No caso dos Esterococos atopánse por debaixo do límite máximo establecido do regulamento (200 ufc/100ml) e nos de Escherichia, tamén lonxe do máximo permitido das 500 ufc/100ml).

Os resultados suman unha evidencia máis a que a causa do episodio non foi un verquido de residuais, como xa o desvelara a inspección realizada a mesma tarde do venres a toda a rede municipal comprendida entre Carril e o Ramal. E suman unha proba máis aos numerosos indicios o explican un episodio natural de fermentación dun alga por efectos da calor, como o que apuntaron técnicos do Intecmar aos que se lles fixo a consulta preliminar, ademais de que a auga non ulía, cambiaba de cor e se desprazaba de forma uniforme levada polo vento en lugar de disolverse –o que acontecería si fose un verquido de residuais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -