_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O circuíto multiaventura do Parque Matosinhos colle forma coas pasarelas elevadas, mallas de escalada e tirolina

A segunda fase do proxecto de rexeneración urbana do arque de Matosinhos e rúas da contorna avanza a bo ritmo. Os traballos, centrados nas últimas semanas no parque propiamente dito, permiten xa visualizar o circuíto multiaventura instalado entre as árbores e que conta con pasarelas elevadas de diferente tipo, malla para trepar, rampla de escalada, camas elásticas, casetas bordeando os troncos das árbores, tirolina e tobogán para facer as delicias de nenos e nenas. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, visitaron esta mañá a zona para comprobar o estado dos traballos.
27.08.2019.- O circuíto creouse collendo como vértices 8 árbores do parque e está deseñado con elementos de madeira que aportan ao parque unha imaxe natural. As pasarelas dispostas entre as árbores álzanse a unha altura aproximada de 1 metro sobre o chan e baixo elas disporase unha ancha capa de cortiza de piñeiro como elemento amortiguador. O resto do parque irá cuberto de céspede e dotado de sistema de rego, así como de iluminación led.
A dotación do Parque de Matosinhos completarase cunha zona de xogos para os máis cativos e que contará cun areeiro e algún bambám. Tamén se instalarán bancos con respaldo e papeleiras.

A empresa adxudicataria da obra dedicou as últimas semanas a traballar na zona de parque para telo rematado de cara ao inicio do curso escolar, de feito que as máquinas xa non estean na zona cando os nenos e nenas regresen á actividade nos colexios da Lomba. Así a todo, a zona quedaría temporalmente pechada unhas semanas máis para permitir o crecemento da herba.
Unha vez rematados os traballos no parque, a empresa retomará as obras en Doutor Tourón para acabar de acondicionar o fronte das torres Caixanova, onde tamén se combinarán as zonas de tránsito con outras verdes e se instalará unha nova marquesiña para a parada de autobuses.
O tramo de beirarrúa do lado oposto da rúa xa está rematado, ao igual que a zona de estacionamento habilitada na parte posterior da Escola Infantil Municipal, na confluenza de Doutor Tourón coa Rúa Xunqueira.

O Concello inviste 338.355 euros nesta obra do proxecto de Rexeneración Urbana do Parque de Matosinhos e Rúas da contorna, aos que se suman os 219.685 euros da primeira fase que se centrou no acondicionamento, mellora da accesibilidade e mellora estética da contorna da Escola Infantil Municipal. En total, máis de medio millón de euros para revitalizar e dinamizar un barrio de Vilagarcía que, pese a atoparse no centro da cidade e ser un dos máis transitados da vila debido a existencia de 4 centros escolares, presentaba graves deficiencias, non so estéticas, senón tamén en materia de accesibilidade, servizos e seguridade viaria. O proxecto incluíu tamén a renovación das redes de auga e saneamento.

Co proxecto rematado, a zona non so presentará unha imaxe máis moderna e acorde aos requisitos de mobilidade destes tempos, senón que tamén contará co primeiro parque multiaventura da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -