_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Drag queens e desfile de carrozas poñen o fin de festa as celebracións de San Roque 2019

As Festas de San Roque 2019 chegan o domingo 25 de agosto, ao final e como é habitual para este fin de festa en Vilagarcía, o desfile de carrozas porá a nota de cor e encherá as rúas da cidade a tarde noite. O programa de actos inclúe ademais unha divertida e animada sesión vermú na Rúa Méndez Núñez amenizada por Señora DJ e as drag quenns Ketty Pinn e Punto G. Os pasarrúas tradicionais tampouco faltarán nesta última xornada e correrán a cargo do grupo de gaitas Garandoiro de Bamio.
25.08.2019.- O acto pirncipal dom día será a tradicional batalla de Flores na que intervirán oito carrozas decoradas con motivos fantásticos e naturais, a bordo das que nenos e nenas lanzarán ao público asistente quilos e quilos de confeti e serpentinas como despedida ás festas de verán de Vilagarcía.

Como acontece dende hai xa uns anos, o Concello de Vilagarcía reservouse 3 carrozas para que os nenos e nenas que no pertencen a ningún colectivo cultural ou social dos que participan no desfile, tamén teñan a oportunidade de tripular un destes vistosos carruaxes. A temática coa que están decorados estes vehículos son Conto de Fadas, O Brasil e O Ollo que Todo o Ve. As carrozas que o Concello pon a disposición de asociacións culturais e sociais irán ambientadas como O Xardín do Tempo, A maxia do Bosque, O Teatro, A gran Flor e Fantasía Veneciana.

Música, folclore e animación de rúa acompañan ao desfile cuxo percorrido comeza ás 21:30 horas na Estación de Autobuses para continuar pola Rúa Moreira Casal, Avda. Rosalía de Castro, Rúa Colón, Avda. da Mariña, Rúa Conde Vallellano, Praza de Galicia, Rúa Arcebispo Lago, Rúa Brandariz, Rúa Castelao, Rúa Xeneral Pardiñas, Rúa Covadonga e Praza de España para rematar na Rúa Vicente Risco.




DOMINGO 25 AGOSTO
12:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Garandoiro de Bamio.

13:00 – Rúa Méndez Núñez
Sesión Vermú “Vilagarcía Diversa e Orgullosa”
Señora DJ e animación de las Drag Queens “Ketty Pinn e Punto G”

21:30 – Rúas da cidade
Desfile de Carrozas

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -