_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía queimará 690 quilos de pólvora no Combate Naval cun Castelo que gaña en dimensións

As Festas de San Roque teñen o sábado 24 de agosto unha cita ineludible e moi esperada: O Combate Naval, o tradicional espectáculo pirotécnico no que se recrea a batalla do porto del Callao en Perú de 1866. Dende ese ano vénse celebrando o Combate Naval en Vilagarcía como final das festas patronais, un espectáculo de 153 anos de tradición no que se queimarán 690 quilos de pólvora e que inclúe varias novidades e sorpresas. O público poderá contemplar o espectáculo dende o marco incomparable das praias da Concha-Compostela e o paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril. A partir da media noite.
24.08.2019.- Pero o programa das festas do sábado inclúe ademais a XVIII Festa do Voluntariado, que se desenvolverá entre a Praza de Galicia e a Rúa Castelao de 11 a 14 horas, os tradicionais pasacalles dos grupos de gaitas locais durante todo o día e a verbena popular que, xa pola noite, amenizará a Orquestra Galilea na Avenida da Mariña.

O Combate Naval comezará, como é tradición, ás doce da noite do último sábado das Festas de San Roque. O lanzamento dos fogos realízase dende hai anos dende o peirao do Ramal, polo que a gradaría natural que forman as praias da Concha e Compostela garante unha inmellorable visualización do espectáculo ao que acoden cada ano milleiros de persoas.

O espectáculo de luz e cor divídese en dous bloques principais. O primeiro, de lanzamento de fogos en diversas seccións e secuencias. Como preparativo para a batalla posterior, xa no primeiro bloque os barcos abrirán fogo e lanzarán cohetes. O segundo bloque será o Combate Naval propiamente dito no que se rememora o famoso asedio da flota española comandada por Méndez Núñez ao porto do Callao. Nesta simulación pirotécnica da batalla intervirán tres barcos dende o mar que dispararán ao castelo situado no Ramal, que este ano gaña en dimensións ao rondar os 40 metros de lonxitude por 12 de alto.
E como remate, unha gran traca final na que estouparán 800 voadoras.

A empresa ao que o Concello encargada dende hai décadas a organización do Combate naval, Pirotecnia Penide, inclúe novidades todos os anos. Nesta ocasión, ademais de ampliar as dimensións do castelo e de que os barcos xa dispararán antes do inicio da batalla propiamente dita, no ceo nocturno poderán verse novas figuras ao estoupar os fogos, que tamén lucirán cores moi innovadoras en tonos pastel.
En total serán 22 minutos ininterrompidos nun espectáculo no que se lanzarán uns 7.000 disparos de fogos de artificio controlados e programados por ordenador.

O Combate Naval está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

RECOMENDACIÓNS
Aconséllase ao público acudir con tempo e abandonar a zona de forma escalonada para evitar problemas de aglomeracións e colapso do tráfico. Aos condutores recoméndase tamén que se achegen a Vilagarcía de forma gradual e con bastante antelación e que eviten acceder ao centro da cidade dirixíndose ás bolsas de estacionamento da periferia e que esperen a que as vías se desconxestionen de xente, antes de volver a coller o coche para abandonar a vila.

APARCAMENTOS DISUASORIOS:
A Maroma, párking posterior de Fexdega, Finca Do Ouro, Pavillón e piscina de Fontecarmoa, O Piñeiriño, Os Duráns, subida a Marxión, Invisa-Marxión, A Escardia, A Golpilleira-A Torre, Rúa A Concha-Villa Güimil e o de Carril na Avenida Rosalía de Castro.


SÁBADO 24 AGOSTO

FESTA DO VOLUNTARIADO
11:00 – 14:00 – Praza de Galicia
11.30 Apertura da Cidade do Voluntariado. Mostra de Voluntariado a cargo das entidades de acción social de Vilagarcía.
12.00 Inauguración da Cidade do Voluntariado
Obradoiros para nenos e nenas: refugallo, obradoiros interactivos e de sensibilización, xogos educativos, venda de produtos con fins solidarios e comercio xusto, exhibicións….
14.00 Peche da Cidade do Voluntariado

12:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Mocedade da Torre

22:30 – Avda. da Mariña
Verbena popular
Orquestra Galilea

24:00 – Praias da Concha-Compostela
Combate Naval
Espectáculo Pirotécnico
O combate naval rememora desde 1866 o famoso asedio da flota española dirixida por Méndez Núñez contra o porto peruano de Callao o 2 de maio dese mesmo ano. Todo un clásico das Festas de San Roque.
Patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -