_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A mellora da recollida selectiva propiciou a Festa da Auga máis sostible dos últimos anos

A xestión responsable dos residuos que está a facer o Concello de Vilagarcía durante todo o ano, incluídos os grandes eventos festivos, está logrando que as celebracións sexan máis respectuosas co medio ambiente. De feito, a pasada Festa da Auga foi a máis sostible dos últimos anos ao terse incrementado a reciclaxe de envases de plástico, briks e vidro e, ao mesmo tempo, terse reducido o volume de lixo non susceptible de ser recuperado. As cifras da recollida efectuada o día 16 de agosto tras a Festa da Auga e as celebracións da noite a da madrugada anterior, desvelan que se este ano se recuperaron 3.780 quilos máis de vidro e 1.770 quilos máis de envases plásticos e briks que na festa de 2018. A evolución positiva da recollida selectiva veuse acompañada polo descenso dos resto de residuos nun total de 8.920 quilos menos.
22.08.2019.- Como xa se anunciara, o dispositivo de limpeza posto en marcha pola Concellería Servizos para a Festa da Auga deseñouse en base aos criterios da recollida selectiva do lixo, para o cal se realizou unha primeira batida de limpeza a man para recoller unicamente plásticos, briks e vidro e logo outra para o lixo non reciclable. Para facilitar a labor das brigadas e acelerar a posta apunto da cidade tras as celebracións. Tamén se dispuxeron 40 contedores de reforzo nas zonas onde se congrega máis xente –tanto contedores amarelos como iglús para o vidro e depósitos verdes para o lixo común.

O plan e a concienciación progresiva xa xente favoreceu que, por segundo ano dende que se están levando a cabo estes criterios para unhas festas máis sostibles, se incrementase a taxa de reciclaxe e se reduciran os residuos sólidos urbanos non recuperables. Tamén hai que ter en conta iniciativas como a posta en marcha por primeira vez este ano polo Concello en colaboración cos hostaleiros da cidade para ter unhas festas libres de plástico, mediante a cal, se eliminaron os vasos de un so uso e se substituíron por outros de material reciclable e que permite varios usos.

En cifras absolutas, este ano a Festa da Auga e as celebracións anteriores xeraron 20.580 quilos de lixo común, fronte aos 29.500 do ano pasado. En canto ao contedor amarelo, os materiais reciclables recuperados ascenderon a 7.270 quilos, fronte aos 5.500 da pasada edición e, no que respecta ao vidro, nesta ocasión recuperáronse 7.780 quilos, fronte aos 4.000 no ano 2018.

Cómpre salientar que estas cifras correspóndense exclusivamente ao lixo recollido nas rúas do centro nas que se desenvolven os actos e as celebracións festivas.

Agradecementos

O concelleiro de Servizos Lino Mouriño agradeceu a colaboración cada vez maior da cidadanía á hora de usar papeleiras e contedores e tamén destacou o traballo realizado por todas as persoas que participaron no operativo especial de limpeza, tanto aos operarios municipais de servizos como Obras, Xardíns, medio Ambiente e Alumeado, como aos da concesionaria de Limpeza (Cespa-Ferrovial) e á brigada de BATA. Mouriño agradeceulle en nome dos vilagarciáns o seu esforzo realizado para que a cidade volvera a recuperar a normalidade e lucir a súa mellor imaxe para continuar gozando das celebracións de San Roque unha vez rematada a Festa da Auga.
O operativo tivo unha duración de 12 horas (dende as 7.30 ata as 19.30 horas do día 16 de agosto) e implicou a un total de 120 persoas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -