_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Leo Bassi convértese en Mussolini no espectáculo do auditorio previo ao concerto de Xoel López na Xunqueira

As Festas de San Roque traen unha axenda cargada de interesantes actos culturais, lúdicos e musicais para o mércores, 21 de agosto. O cómico italiano Leo Bassi será un dos principais protagonistas da xornada, xa que a súa intervención como estrela do Festaclow terá mañá o seu máximo apoxeo coa conferencia debate dobre “O Teatro como ferramenta política” que ofrecerá ás 12 horas no Auditorio e a posta en escena do espectáculo “Yo, Mussolini” que terá lugar no mesmo escenario a partir das 21:00 horas. O apartado musical do día centrarase no músico Xoel López que ofrecerá un dos concertos gratuítos a partir das 23:00 horas na Xunqueira. Ao longo de todo o día sucederanse polas rúas da cidade os espectáculos do Festaclown, ata un total de cinco, e tamén haberá pasacalles a cargo de grupos folclóricos do municipio.
21.08.2019.- Con “Yo, Mussolini”, Leo Bassi volta a posicionarse fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista. Trátase dunha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, o mellor, Risistir! con intelixencia á intolerancia, e é que a mensaxe máis importante de Yo, Mussolini é que o fascismo crece polo medo que xera e que o mellor antídoto contra o medo é o sentido do humor.
As persoas que non adquirisen anticipadamente entrada, poderán comprala na billeteira do Auditorio a partir das 19 horas ao prezo único de 10 euros.
E para os amantes da música máis indi, o Parque da Xunqueira acolle a partir das 23 horas o concerto de Xoel López. O músico coruñés é un dos artistas máis representativos e influentes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, defínese como un artista libre. Xoel López deuse a coñecer e triunfou con “Deluxe”, formación coa que tivo unha frutífera carreira entre os anos 2001 e 2009 , con éxitos tan soados e cantados como “Que no”. Ese último ano inicia un proxecto en solitario e da o salto ao Continente Americano. Froito de esa experiencia inicia unha nova etapa gravando en 2012 o seu primeiro disco “Atlántico”, polo que foi o vencedor da Gala dos V Premios de la Música Independente celebrada en Madrid. Neste concerto fará un repaso por toda a súa traxectoria musical.

MÉRCORES 21 AGOSTO
11:00 – Praza de Galicia
Festaclown - Social
Espectáculo: O Valo
Compañía: Pallasos en Rebeldía

12:00 – Salón actos do Auditorio
Festaclown - Social
Leo Bassi
Espectáculo:Ol teatro como ferramenta política
Conferencia/debate
Entrada gratuíta ata completar capacidade

12:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Brisas do Río Ulla

13:00 – Rua Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira
Festaclown - Superroquiños
Espectáculo: On Time
Compañía: Cía Vaya

19:00 – Praza de Galicia
Festaclown - Mostra Internacional
Espectáculo: Trapecio Volante
Compañía: Kanbahiota

20:00 – Praza do Castro
Festaclown - Certame
Espectáculo: Atempo
Compañía: Cía Vaya

20:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas e Baile Embruxo de Guillán

21:00 – Salón actos do Auditorio
Festaclown - Mostra Internacional
Leo Bassi
Espectáculo: Yo, Mussolini
Venda de entradas: anticipada en eventbrite.com, e de non esgotarse, na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 hs.
Prezos: anticipada, 8€ (+gastos de xestión) e 10€ na billeteira.

22:30 – Praza de Galicia
Festaclown - Mostra Internacional
Compañía: Kanbahiota
Espectáculo: Trapecio Volante

23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO
Xoel López
ENTRADA GRATUITA

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -