FESTAS
O carrilexo Cristian Silva abre o cartel de concertos e o Festaclown desprégase pola cidade no ecuador de San Roque As festas de San Roque chegan ao ecuador mañá, martes, xornada na que o Festaclown desprega alegría, acrobacias, humor e maxia por toda a cidade cos seus espectáculos sociais, para os Superroquiños e para o público familiar en xeral. Os pasacalles dos grupos de gaitas Xirifeiros e Froallo ambientarán o centro da vila ata chegada a noite, momento no que o carrilexo Cristian Silva ofrecerá o primeiro dos concertos deste ano, un espectáculo no que o gaiteiro estreará o primeiro single do seu segundo traballo discográfico “Lobo Estepario”, que está a piques de publicar, e interpretará os do seu primeiro EP “Ego”. O concerto será ás 23:00 horas no Parque da Xunqueira e a entrada é de balde.
MARTES 20 AGOSTO
De 10:00 a 13:00 – Salón de actos do Auditorio Municipal Festaclown - Formaclown Leo Bassi: Taller de Bufón Inscrición: info@festiclown.org
11:00 – Praza de Galicia Festaclown - Social Espectáculo: Piratas da Arousa Compañía: Asociacións Con Eles e Amencer e Grupo de Teatro Clámide
12:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Xirifeiros
13:00 – Praza de Galicia Festaclown – Superroquiños Espectáculo: Alquimia Compañía: Mago Teto
De 16:00 a 19:00 – Salón de actos do Auditorio Municipal Festaclown - Formaclown Leo Bassi: Taller de Bufón Inscrición: info@festiclown.org
19:00 – Rua Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira Festaclown -Desclowntrol nas rúas Espectáculo: Letriska Inmobile Compañía: Isla Letriska
20:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Froallo
21:30 – Praza de Galicia Festaclown – Mostra Internacional Espectáculo: Etxea Compañía: Aimar & Cia
23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO
Cristian Silva Logo do seu primeiro EP en solitario EGO en 2015 e o libro-cd Manual ególatra básico en 2017, este ecléctico artista presenta agora o seu novo sinxelo LOBO ESTEPARIO, un tema co que abre as portas do traballo discográfico que sairá á luz a finais de ano. Un traballo marcado pola conxunción de bases electrónicas, voces, sintetizadores, gaitas e frautas filtradas por pedais. Entre os convidados ao concerto, está prevista a intervención da cantante Ana Fernández e do grupo de gaitas Os Xirifeiros de Carril, que este ano celebran o 20 aniversario daasociación. Cristian Silva conxuga as súas diferentes facetas artísticas para ofrecer un espectáculo transgresor onde a tradición fúndese coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop. Acompañado pola EGO Band e cunha coidada estética escénica, o produtor carrilexo ofrecerá a evolución dun directo rodado por diversos escenarios da península ibérica e México.