_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello mobiliza a 120 persoas e dispón 40 contedores adicionais no operativo de limpeza da Festa da Auga

O operativo de limpeza que porá en marcha o Concello tras a celebración da Festa da Auga implicará este ano a un total de 120 traballadores do Concello, Cespa e BATA. O dispositivo organizo por Lino Mouriño, concelleiro de Obras e Servizos, tamén reforza os medios materiais xa que se distribuirán 40 contedores de lixo nas zonas nas que tradicionalmente se concentra o maior número de celebracións durante a madrugada do día 16 de agosto. O edil prega aos participantes que utilicen os contedores para depositar o lixo, de xeito que as festas se celebren nun marco máis agradable para todos e se faciliten as labores posteriores de limpeza.
14.08.2019.- O operativo desenvolverase entre as 7.30 da mañá e as 19:30 horas do venres, 16 de agosto. As labores de limpeza comezarán ás 7.30 pola zona das praias para ir desprazándose cara ao Ramal, Parque Miguel Hernández, TIR, peirao de Pasaxeiros e Cavadelo. Nesta primeira fase participarán 55 traballadores dos departamentos municipais de Medio Ambiente, Alumeado, Xardíns e Obras e da concesionaria Cespa-Ferrovial.

Recollida selectiva por unhas festas sostibles

Os operarios realizarán unha primeira recollida selectiva de lixo, separando vidro e plástico que logo se enviará aos respectivos centros de reciclado, tal como xa se fixo o ano pasado. Para facilitar as labores, o Concello distribuíu contedores amarelos, iglús de vidro e tamén depósitos convencionais para que a xente facilite a labor. Rematada esta primeira batida farase outra para a retirada de todos os desperdicios restantes co obxecto de devolver os espazos públicos ás condicións idóneas para o seu disfrute. Está previsto os traballos rematen sobre as 13 horas.

Dúas horas máis tarde, ás 15:00 horas, dará comezo a segunda fase do operativo no que tomarán parte outras 65 persoas (30 operarios de Cespa, 10 da brigada de BATA e 25 traballadores municipais que se encargarán de labores de limpeza e de desmontaxe de plataformas, valas e demais instalacións colocadas para a Festa da Auga. Os traballos realizaranse en dous ámbitos. A brigada de BATA e os traballadores municipais farán unha terceira batida aos espazos xa abordados durante a mañá en previsión de que volvan a ensucialos, e os de CESPA que se encargarán da limpeza das rúas da Zona Húmida e centro da cidade utilizando os camións cisterna, vehículos de baldeo e camións de recollida de lixo. Comezarán a limpar as rúas dende a capela de San Roque para ir aproximándose ao centro da cidade. No baldeo utilizarase un produto desodorizante mesturado co auga para evitar malos cheiros.

A previsión é que as rúas e espazos públicos da cidade recuperen o seu perfecto estado e imaxe a media tarde, xusto para continuar coa celebración dos demais actos festivos programados nas festas de San Roque.

Loxística na Festa da Ameixa

As labores de limpeza tamén se verán reforzadas o sábado e o domingo. A brigada de BATA colaborará o sábado pola mañá no acondicionamento das rúas tras a celebración do mercado e Cespa realizará un operativo especial de limpeza o domingo pola tarde no marco da festa da Ameixa de Carril. O Concello leva días colaborando nos preparativos do evento gastronómico coa loxística e montaxe. Este dispositivo incrementarase o sábado e o domingo coas labores de montaxe e desmontaxe de aseos, mesas, cadeiras e palcos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -