_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O tráfico péchase esta tarde nos accesos a Ravella e Praza de España polo pregón e a ofrenda floral

As Festas Patronais de San Roque comezan hoxe mércores, 14 de agosto, con dous actos principais: o pregón e a ofrenda floral ao santo. A Policía Local informa de que para o desenvolvemento destas actividades será necesario cortar o tráfico rodado nos espazos nos que se celebran os devanditos actos. A partir das 20:00 horas cortarase o acceso en vehículo á Praza de Ravella e a partir das 20.30 horas á Praza de España.
14.08.2019.- O primeiro dos actos a celebrar será a lectura do pregón, honra que este ano recae no escritor vilagarcián, Marcos Calveiro. Será ás 20:30 horas no balcón da Casa Consistorial, polo que dende media hora antes cortaranse os accesos en coche á Praza de Ravella á altura da gasolinera de San Roque e da rotonda do Ramal.
Unha vez remate o pregón iniciarase o desfile dos colectivos culturais e sociais que participarán na ofrenda floral. O percorrido a seguir iniciarase na Praza de Ravella para dirixirse polo centro do xardín cara Ramón y Cajal e continuar pola Praza Galicia, a Rúa Castelao e Xeneral Pardiñas ata rematar na Praza de España.
A ofrenda floral comezará ás 21:00 horas no adro da igrexa de Santa Baia de Arealonga, polo que o tráfico cortarase ás 20:30 horas, no cruce de Doutor Tourón con Alejandro Cerecedo e Fariña Ferreño.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -