_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TURISMO
30 confrarías de España, Portugal, Francia e Italia participan o sábado no Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas

Vilagarcía acolle un ano máis o Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas, un acto que nesta ocasión reunirá na nosa cidade a 120 representantes de 30 confrarías vinícolas e gastronómicas procedentes de España, Portugal, Francia e Italia. Os actos do Capítulo celebraranse o sábado 17 de agosto e consistirán nunha recepción oficial non Concello, un desfile da comitiva integrada por todos os representantes das confrarías que participan no evento e o Gran Capítulo, no que se nomearán aos novos cabaleiros e donas.
12.08.2019.- A Confraría dos Viños das Rías Baixas leva anos celebrando o seu acto anual en Vilagarcía. A axenda comezará ás 11.45 horas coa reunión dos confrades no Concello onde as autoridades municipais lles darán a benvida oficial á cidade. A continuación, a comitiva ataviada coas capas e vestimentas de cada confraría desfilarán polas rúas da cidade ata chegar ao Salón García onde terá lugar o XV Gran Capítulo. Neste ano a entidade nomeará a 12 novos membros da Confraría, homes e mulleres que destacan en diversos campos relacionados coa viticultura e a gastronomía, tanto no eido da produción, comercialización ou a investigación, como no da promoción e divulgación dos viños Rías Baixas.

Entre a lista de nomeamentos destacan a investigadora do CSIC, María del Carmen Martínez Rodiño e Julián Beneitez Villanova, o que fora director da Estación Experimental de Viticultura e Enología de Ribadumia. Tamén recibirán a capa da Confraría dos Viños Rías baixas o anterior concelleiro de Promoción Turística de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón; Iginio Gutiérrez Perojo, representante do grupo Freixenet en Cantabria e Enrique Covelo Rodríguez, da Orden da Cigala de Marín, entre outros.

Os actos do XV Capítulo da Confradría dos Viños Rías Baixas presentáronse hoxe no Concello nun acto que contou coa presenza dos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Álvaro Carou e Diego García, o presidente e Gran Mestre da Confraría, Jesús Paz e o vicepresidente Ramón Paz.
Jesús Paz explicou que a misión da Confraría é dar a coñecer e promocionar os viños Rías Baixas, e a mellor forma de facelo é con actos como o que se celebra o sábado en Vilagarcía. O Gran Mestre destacou a importancia de atraer ata aquí a representantes doutras confrarías vinícolas e gastronómicas, tanto nacionais como internacionais, porque eles son os mellores promotores que terán os nosos viños cando regresen aos seus lugares de orixe. Neste sentido apuntou a presenza de representantes de confrarías tan importantes e recoñecidas mundialmente como a do Viño de Burdeos en Francia, a do Viño Verde en Portugal ou as españolas Ribera del Duero e Rioja, entre outras moitas. Tamén asistirán ao Capítulo confrarías gastronómicas como a da Cereixa de Portugal, a Ameixa de Carril, a do Queixo Idazabal a do Aceite de Baena ou da Anchoa de Cantabria, dentro do obxectivo complementario da Confraría Rías Baixas de dar a coñecer os produtos de gran calidade idóneos para acompañarse cos viños Rías Baixas.

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou destacou a importancia que para Vilagarcía ten acoller o Gran Capítulo, dada a capacidade de atracción de turismo nacional e internacional que ten, “o que supón un retorno económico directo para a cidade e outro indirecto consistente na promoción que estas persoas farán de Vilagarcía nos seus respectivos países, sobre todo tendo en conta a imaxe que se levarán da cidade inmersa nas festas máis importantes do ano”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -