_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Mobilidade da os primeiros pasos para implantar os camiños seguros nas rutas escolares do municipio

A Concellería de Mobilidade do Concello de Vilagarcía está dando os primeiros pasos para implantar os “camiños escolares seguros” co obxectivo de que os nenos e nenas do municipio poidan acudir aos seus centros escolares camiñando, por unha ruta previamente establecida e exenta de riscos. A iniciativa promovida por Paola María Mochales será abordada o luns pola Xunta de Goberno local na que se contratará a redacción dos proxectos para os tes primeiros camiños seguros: os que levarán a os centros educativos da Lomba (CEIPs A Lomba e Arealonga e EII Vagalume).
10.08.2019.- O camiño escolar seguro é unha vía de circulación “preferente”, elixida entre os percorridos máis utilizados polo alumnado, que facilita que ir a escola volva a ser unha experiencia de autonomía e contacto directo dos nenos e nenas coa súa contorna cotiá, o seu barrio e as súas xentes, utilizando modalidades de mobilidade non contaminantes como andar ou ir en bicicleta.

Ademais de contribuír a crear unha vila máis segura e acolledora, a promover a mobilidade sostible e a recuperar o uso e disfrute dos espazos públicos por parte da xente, a creación dos camiños escolares seguros tamén supón outro tipo de beneficios para os nenos e nenas das cidades, que ven incrementada a súa autonomía persoal ao poder ir sos á escola. Deste xeito, aprenden a manexarse pola cidade e adquiren coñecemento da súa contorna cotiá, á vez que asumen hábitos saudables como camiñar ou andar en bicicleta.

Segundo se establece na proposta da concelleira de Mobilidade, para a redaccións dos proxectos dos tres camiños escolares seguros deberán facerse un estudo previo das rutas máis habituais realizadas polos escolares que acoden a estes tres centros, estudar as vías e usos do solos polos que discorren e recoñecer o terreo. Tamén se consultarán diversos aspectos coa Policía Local e as comunidades escolares de cada centro, e se programarán actividades co alumnado, familias e profesorado para dar a coñecer e promover a utilización destas vías preferentes para ir ao colexio. Con todo este traballo finalizado trazaranse os proxectos de execución dos tres camiños escolares.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -