_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Arousa Moza programa dúas xornadas de actividades para promover o talento local e a tradición popular

O colectivo Arousa Moza, de Vilagarcía, pon en marcha esta fin de semana a segunda da edición do “Arousa Inspira”, un programa de actividades destinado a promover entre a mocidade o coñecemento da cultura e tradicións autóctonas, así como a promocionar o talento artístico dos xóvenes da zona. Xogos populares, música, poesía, fotografía e gastronomía mestúranse na axenda de actividades na que tampouco faltan grandes premios para os participantes.
07.08.2019.- A segunda edición do “Arousa Inspira” presentouse hoxe no Concello, entidade que colabora na organización do evento facilitando á asociación xuvenil toda a loxística necesaria para o desenvolvemento das actividades. Na presentación participaron a concelleira de Xuventude, Alba Briones, o presidente de Arousa Moza, Borja Santamaría, e as membros do colectivo Paula Dios e Cristina Iglesias.

O programa celebrarase os venres 9 e o sábado 10 de agosto. O groso das actividades terán como escenario a rúa Castelao, concretamente fronte a entrada do Liceo-Casino, aínda que a gymkana de xogos populares tradicionais percorrerá diversos parques da cidade. En caso de choiva os actos trasladaríanse ao interior do salón principal do Liceo-Casino e a gimkana realizaríase baixo as pérgolas do parque Miguel hernández e da Coca, no Auditorio e na Praza da Peixería.

A axenda comezará o venres 9 ás 10:30 da mañá cos Xogos Olímpicos Tradicionais polos parques da vila, Nesta gymkana especialmente dedicada ao público infantil, os participantes poderán practicar os xogos cos que se divertían os seus pais e avós como a petanca, a chave ou as chapas entre outros.
De forma paralela celebrarase un certame de poesía e outro de fotografía.
A actividade na Rúa Castelao comezará ás 20:00 horas cun apartado de folclore e tradición que inclúe as actuacións musicais de Joel Padín, a da Banda de Gaitas Treboada de Guillán e a do grupo da Asociación Cultural Nós de Sobradelo.
amén nese marco faranse públicos os nomes dos gañadores dos certames de poesía e fotografía, e a continuación celebrarase unha cea tradicional a base de produtos como empanada, tortilla, orellas ou filloas.
O día rematará con Concurso de Concursos (QUIZ) no que os participantes bateranse para gañar premios tan atractivos como unha viaxe de fin de semana a Madrid con entradas para “El Rey León”, ou un circuíto de SPA, entre outros.

A xornada do sábado comezará ás conco da tarde coas actividades de pintura, grafiti a sesión DJ no exterior do Liceo-Casino. Ás 21.00 horas iniciaranse os concertos e a batalla de galos, actividades nas que intervirán músicos e agrupacións musicais locais moi recoñecidas entre a poboación xuvenil como Gersio, Was& Mavdba, Guzy, LCK, Plazoleta, Sami, Hoodie Artist, B. TASS e Sykor.

As actividades están abertas á participación de todo o público. Son de balde e os interesados `poden inscribirse nas dependencias do Liceo-Casino.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -