_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e Ahituvi distribuirán 22.000 vasos reutilizables para unhas festas máis limpas e respectuosas co medio

O Concello de Vilagarcía en colaboración coa asociación de Hostalaría e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía, Ahituvi, poñen de manifesto durante as festas de San Roque o seu compromiso polo coidado do medio e por unhas festas máis limpas, mediante o reparto de 22.000 vasos reutilizables para as consumicións a realizar durante a celebracións de San Roque. Trátase dunha iniciativa aberta a todo o sector hostaleiro, estea ou non asociado a Ahituvi.
05.08.2019.- A iniciativa presentouse esta mañá coa presenza, por parte do Concello, da concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, e dos edís de Medio Ambiente, Diego García e de Turismo, Álvaro Carou, e por parte de Ahituvi, do seu presidente, Ricardo Santamaría e de Rafael Barreiro.

A concelleira de Xuventude explicou que esta iniciativa ten como obxectivo continuar avanzando na sensibilización polo coidado e respecto do medio ambiente, neste caso a través da reutilización e do reciclaxe, así como seguir mellorando a imaxe das nosas festas, posto que mediante a utilización de vasos reutilizables como os que se repartirán a noite previa a Festa da Auga e ao día de San Roque, reducirase moito o volume de lixo que se xera nesta celebración e farase moito máis sinxela a limpeza das rúas para continuar cos actos festivos. Ademais, a iniciativa servirá tamén para promocionar as festas, posto que todos os vasos están decorados cunha referencia a San Roque e a campaña.

O representante dos hostaleiros sinalou que xa hai anos que o sector retirou os vasos de vidros durante a Festa da Auga e cambiounos por outros de plástico para evitar o risco que supoñían os anacos de vidro de vasos rotos polo chan, e apuntou que “agora damos un paso máis para reducir o lixo e tamén para concienciar a poboación de que temos que coidar o medio”.
Os vasos que se distribuirán para a véspera da Festa da Auga están confeccionados en polipropeno, e permiten ser utilizados unhas 15 veces. Existen dúas medidas, de 33 centílitros (tamaño dun refresco) ou de 500 c.l (tamaño dunha botella de auga grande ou dunha copa) e todos están serigrafiados co logo das festas de San Roque e o lema das 3R (Reutilizar, Reciclar e Reducir).
Os hostaleiros disporán dos vasos nos seus establecementos e entregaranos con cada consumición que se pida, previo depósito de 1 euro, sistema xa utilizado en numerosos festivais de música. Ao pedir outra consumición, nese ou noutro local, o cliente entregará o vaso e daráselle outro limpo e novo coa seguinte bebida. O depósito devolverase no caso de que se entregue o vaso si non se quere outra consumición.

A campaña está aberta a toda a hostalería local, independentemente de que se estea ou non asociado a Ahituvi. Os establecementos que queiran adherirse á mesma deben telefonar á Concellería de Promoción Económica para inscribirse (986 099200 ext. 219) e para que se lle faga entrega da correspondente partida de vasos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -