_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello negocia co Liceo Casino a adquisición do local da rúa Castelao

A sede do Liceo-Casino situada na Rúa Castelao podería pasar a ser propiedade municipal si prosperan as negociacións iniciadas hai unhas semanas entre o Concello e a entidade social para comprar o emblemático local. A oferta municipal fixa un prezo de 425.000 euros polas céntricas instalacións que contan cunha superficie de 1.124 metros cadrados e que o Concello destinaría a actividades municipais por determinar. Maila isto, e co obxectivo de facilitar a supervivencia da histórica sociedade vilagarcián, Ravella inclúe na proposta a sinatura dun convenio de cesión de uso de dunha parte do local para que o Liceo-Casino poida manter a súa actividade.
03.08.2019.- Como se sabe, o Liceo-Casino está inmerso nun concurso de acredores polo que a proposta municipal debe ser autorizada pola Administración Concursal que xestiona o procedemento. Unha vez que xa se estableceron os termos da proposta co Liceo-Casino, agora o Concello remitirá a oferta aos administradores concursais para que resolvan. O executivo que preside Alberto Varela confía en que a oferta sexa aceptada dado o acordo previo acadado entre as partes e o beneficio público que reportaría a compra, tanto para o Concello, que gañaría un local céntrico co que axudar a paliar a falta de espazos para a realización de actividades, como para a unha sociedade como a do Liceo-Casino que forma parte da historia recente de Vilagarcía e dos vilagarciáns e que, doutro xeito, estaría abocada á desaparición.

A sede lo Liceo-Casino ocupa toda a primeira planta do edificio número 7 da Rúa Castelao e dispón de entrada propia dende a esquina desta rúa e a de Xeral Pardiñas e un acceso cara a galería comercial. Os 1.124 meros cadrados cos que conta distribúense nun salón principal ou de baile de 250 metros cadrados, con anfiteatro elevado e terraza interior no segundo andar, salón-bar, biblioteca, salas de televisión e de xogos, sala de xuntas, salas de billares, terraza exterior, conserxería, gardarroupa, cocina, servizos hixiénicos e servizos varios.

Segundo se establece la proposta de compra, o Concello abonaría ao Liceo-Casino os 425.000n euros da compra en tres anualidades. Os primeiros 200.000 euros en xaneiro de 2020, 112.500 en xaneiro de 2021 e os últimos 112.500 en xaneiro de 2022. De autorizar a operación a Administración Concursal, o Concello xa incluiría nos orzamentos do ano que ven a partida para o primeiro pago.

O Concello xa disporía do inmoble en propiedade a partir do primeiro pago, momento a partir do cal se subscribiría o convenio de cesión de uso dunha zona do local para o mantemento das actividades do Liceo-Casino. Non obstante, a sociedade poderá continuar utilizando o inmoble na súa totalidade ata o momento no que o Concello inicie a remodelación do mesmo para adaptalo aos novos usos que vaia a acoller.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -