_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Máis de douscentos traballadores participarán na organización, seguridade e limpeza das festas

Despois da Xunta de Seguridade celebrada hai uns días, na que se decidiu que a presenza policial se multiplicará por catro nos días principais das festas de San Roque, o goberno local reuniu este venres a todas as concellerías e departamentos e servizos implicados na intendencia do programa, que contén máis dun centenar de actos, algúns multitudinarios.
03.08.2019. Obras, Electricidade, Limpeza, Xardíns, Medioambiente, Cultura, Turismo, Policía, Protección Civil, Igualdade e Comunicación foron os asistentes, representados por concelleiros, técnicos e xefes de servizo. En total serán máis de duascentas as persoas que participen dun xeito ou outro nas labores de organización dunhas festas declaradas de interese turístico nacional.

Ao longo de tres semanas haberá que mover, instalar e recoller mesas, cadeiras, conexións eléctricas e de son e, por suposto, haberá que garantir tanto a seguridade como a limpeza dentro dun programa que inclúe actos de pequeno formato, como os do Festaclown, o cine ou concertos a pé de rúa, pero tamén outros multitudinarios, como a Festa da Auga, o Combate Naval, as Carrozas, os concertos na Xunqueira, as Revenidas de Vilaxoán e a Ameixa de Carril. A todo isto, súmanse outras celebracións como o San Roque de Carril, que tamén precisan da colaboración do concello.

Labores de montaxe e desmontaxe de escenarios, colocación e retirada de cadeiras, limpeza de rúas e mantemento de zonas verdes, sinalización de cortes de tráfico, regulación da circulación ou vixilancia en grandes concentracións de xente son só algunha das labores que levan a cabo os departamentos municipais.

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, que dirixiu a reunión, expresou o seu convencemento de que as festas de San Roque serán, tamén na intendencia, un éxito. Tendo en conta a gran cantidade de eventos e os milleiros de persoas que participarán deles, Outón fixo a un chamamento a todas as persoas e os colectivos implicados, especialmente á hostalería, para que colaboren no mellor desenvolvemento do programa, cumprindo horarios e facilitando as labores de limpeza.

Neste sentido, a concelleira agradeceu que varios establecementos vaian instalar servizos públicos na rúa, que se sumarán aos que o Concello porá nos parques de Miguel Hernández (dous dobres –para homes e mulleres- e un terceiro para persoas con mobilidade reducida), da Xunqueira e do Cavadelo (dous dobres en cada un deles).

O goberno local tamén mantén a súa aposta por unhas festas libres de sexismo e instalará un Punto Lila na praza da II República.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -