_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Alba Berlín, Monbús Obradoiro, San Pablo Burgos e Bestis Coosur conforman o cartel do V Torneo EncestaRías ACB

O mellor baloncesto da ACB regresa a Vilagarcía no marco do V Torneo EncestaRías que se desenvolverá os días 6 e 7 de setembro no pavillón municipal de Fontecarmoa. O prestixioso cuadrangular volve a ter un cartel de luxo coa participación das escuadras do San Pablo Burgos, Coosur Betis e a do equipo anfitrión, o Monbús Obradoiro, ás que se suma no apartado internacional o Alba Berlín. A venta de entradas para vivir o espectáculo do baloncesto case a pé de pista póñense a venta o 3 de agosto, tanto na venta on line como presencial, e a prezos máis que asequibles.
02.08.2019.- A quinta edición do Torneo EncestaRías ACB de Vilagarcía presentouse esta mañá no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela; o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou; o presidente da asociación EncestaRías, Diego Doval e o directivo Pablo Villaronga.

Todos destacaron a calidade coa que conta este torneo dende os seus inicios, ao reunir nunha cidade como Vilagarcía a grandes equipos da primeira división nacional e dalgún país europeo, todo eles equipos de elite acostumados a xogar en grandes pavillóns. A iso súmase o interese dos equipos ACB por medirse cos seus rivais de cara ao inminente inicio da competición oficial, o que garante competitividade e moito espectáculo.

Doval explicou que, con so cinco edicións, o EncestaRías goza de gran pestixio entre os clubs da ACB debido, precisamente, a que lles supón unha excelente oportunidade de estudar e baterse con algúns rivais xusto a principio da tempada. De feito, o presidente da asociación apuntou que son moitos os equipos que chaman cada ano interesados en participar e que, debido ao formato reducido do torneo, un cuadrangular, quedan fora.

Precisamente este pequeno formato, que concentra catro partidos de máximo nivel en dous días, sumando ao reducido aforo do pavillón de Fontecarmoa (1.000 localidades), contra o que puidese semellar, aporta un importante valor engadido ao EncestaRías e un elemento diferenciador moi valioso. Fai que o público poida presenciar case a pé de pista o mellor baloncesto do país, unha proximidade que non deixa perder detalle da técnica dos deportistas e da técnica dos clubs.
O presidente da asociación tamén destacou o prezo reducido das localidades e a presenza dos mellores xogadores do panorama actual europeo e mesmo mundial, moitos deles olímpicos.

O alcalde agradeceu o esforzo e o interese dos organizadores por facer que os vilagarciáns teñan a oportunidade de gozar do baloncesto de primeiro nivel sen saír da casa e tamén polo esforzo e empeño que ten o colectivo en que o torneo teña un retorno socio económico na cidade, para o cal, ademais do torneo en si, organizar actividades complementarias para dinamizar as rúas eses días.
Os abonos e entradas pódense adquirir a partir do 3 de agosto, on line en http://www.encestarias.com e en ataquilla.com, e presencialmente en establecementos comerciais como Base-Mobu (Vilagarcía) e Tiro Libre (Santiago) e nas sucursais de A Banca en Vigo, Ourense e Pontevedra.

Prezos

O abono sénior para asistir ás dúas xornadas do torneo (4 partidos) custa 25 euros e o infantil (para menores de 14 anos), 15 euros. Tamén se ofrecen abonos a pé de pista a 45 euros para quen desexe gozar do espectáculo ao mesmo nivel que os propios xogadores. E as entradas diarias custan 15 euros para adultos e 10 para menores de 14 anos.

Co obxecto de facilitar a asistencia do público, a organización asume parte dos custes de xestión da venta on line, polo que o usuarios so terá que engadir 1 euros ao prezo da entrada ou abono que adquira.

O alcalde de Vilagarcía animou aos vilagarciáns a asistir a este gran espectáculo do baloncesto “porque a ocasión realmente o merece”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -