_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O concello destina 195.000 euros á contratación durante un ano de 11 mulleres que sufriron violencia de xénero

O Concello destinará 195.000 euros á contratación durante doce meses de once mulleres que son vítimas de violencia de xénero, grazas ao convenio entre a Secretaría de Estado de Igualdade e a administración local, amparado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As once traballadoras prestarán servizos de asistencia a edificios e instalacións municipais e espazos verdes. Os primeiros contratos se realizarán ao remate do verán.
27.07.2019. O proxecto será desenvolvido conxuntamente polas concellerías de Emprego, que dirixe Alba Briones, e a de Igualdade, cuxa responsable é Tania García. De feito, será o Centro de Información á Muller (CIM) quen se encargue de seleccionar ás persoas beneficiarias do programa.

Malia a importante cantidade destinada (190.000 euros da Secretaría de Estado e 3.960 máis do Concello), este plan non deixa de ser unha das moitas accións que en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero desenvolve o Concello ao longo do ano, ben con fondos propios, ben a través da colaboración con outras administracións. De feito, as políticas de igualdade son transversais a toda a acción de goberno de Alberto Varela. Campañas publicitarias, puntos lila, accións nos centros educativos, formación dos axentes de policía, asistencia social e sicolóxica ou, como neste caso concreto, contratacións laborais, son algúns exemplos desas políticas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -