_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O concello inicia a renovación do campo de fútbol de vilaxoán e a substitución da cuberta do estadio da Lomba

O luns día 22 de xullo comeza unha das actuacións máis demandadas polo deporte local: a renovación integral do céspede artificial do campo de fútbol de Vilaxoán, dentro dun proxecto máis ambicioso que implicará que esa instalación presente unha nova imaxe para a vindeira tempada. Nos últimos días, a empresa adxudicataria, Mondo Ibérica, SA, os técnicos municipais e os directivos do San Martín coordinaron inicio e prazos de execución, de xeito que as obras causen as menores molestias posibles. De feito, o céspede estará listo entre finais e principios de setembro, para facilitar os adestramentos, e logo continuarán as obras de mellora do resto do campo. O presuposto é de 199.982 euros.
20.07.2019. Paralelamente, o Concello e outra empresa, Actividades de Construcción, Edificación y Viales, SL (ACEVI) traballan xa para a inmediata execución doutra demanda do deporte local e asumida como compromiso polo goberno de Alberto Varela: a renovación da cuberta da bancada preferente do estadio municipal da Lomba. Cun presuposto de case 130.000 euros, as obras arrancarán xusto despois do partido Celta-Lille, previsto para o vindeiro sábado, 27 de xullo.

No caso de Vilaxoán, o proxecto a levar a cabo durante os vindeiros dous meses finánciase a través do Plan de Obras e Servizos 2018/19 da Deputación. As obras mellorarán considerablemente as condicións de uso do campo, tanto de cara á práctica deportiva coma para o público que acude a presenciar os partidos. No terreo deportivo, o cambio da herba artificial repercutirá nunha maior seguridade dos deportistas, xa que o actual céspede está moi compactado e duro debido ao uso intensivo durante toda unha década. A nova herba artificial a instalar será de última xeración, de maior calidade e perfectamente adaptada ao uso deportivo. Ademais, cumprirá os requisitos de calidade esixidos pola FIFA. O terreo quedará pintado para fútbol 11 e fútbol 7 conforme á regulamentación vixente.

As obras inclúen tamén o levantamento, limpeza e revisión da rede de drenaxe perimetral do tapiz. Igualmente, se reforzarán os muros do estadio, con especial incidencia no fondo norte que actualmente presenta problemas de inestabilidade . Este muro reconstruirase por completo.

A LOMBA
Pola súa banda, e apenas unha semana despois, comezarán as obras de renovación da cuberta norte do campo da Lomba. O proxecto contempla a restauración e reforzo da estrutura que soporta a cuberta da grada. Para isto eliminarase o óxido e trataranse os piares para sanealos e reforzalos convenientemente. A actual cuberta será desmontada por unha empresa autorizada e seguindo os procedementos establecidos pola lexislación vixente ao tratarse de materiais que conteñen amianto.

Por último, instalarase a nova cuberta de paneis de chapa grecada. A xeometría e as características construtivas do novo tellado serán similares á da grada principal ou de tribuna. A actuación tamén prevé a instalación de pasamáns e varandas protectoras nas zonas de escaleiras.

Como no caso de Vilaxoán, a actuación na Lomba enmárcase no plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas que leva a cabo o Concello, neste caso financiado a fondos do Plan Concellos da Deputación correspondentes aos exercicios 2018/19.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -