_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O proxecto do Presuposto para 2019 ascende a 27.643.175 euros e incrementa en medio millón os recursos para Servizos Sociais

O goberno local de Vilagarcía presentou hoxe á Xunta de Viceiros o proxecto do Presuposto para 2019, un documento cuxo importe ascende a 27.643.175 euros, un 1,12%máis que o do 2018. A tenente de alcalde e voceira socialista, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz Abalo explicaron que o deste ano será un presuposto de transición que mantén a sliñas dos exercizos anteriores elevando, por exemplo, os recursos destinados a Servizos Sociais en máis de medio millón de euros. Dado o avanzado do ano, a pretensión do executivo é aprobar inicialmente o documento no Pleno de xullo para que poida entrar en vigor a finais de agosto e comenzar entón a traballar xa na planificación económica de 2020.
16.07.2019.- Á Xunta de Voceiros celebrada esta mañá asistiron por parte do goberno socialista, a tenente de alcalde e voceira, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz Abalo. Por parte da oposición participaron Ana Granja (PP), Lucía Veloso (BNG), Jesús López (En Común) e David Oliveira (Cs). A voceira de Marea na Vila, María de la O Fernández, escusou previamente a súa presenza.

As socialistas explicaron que o deste ano será un presuposto de transición e continuista por tratarse de ano electoral. Maila isto, e de atoparnos na segunda parte do exercicio económico coa metade do orzamento xa executado, as edís do goberno incidiron en que a aprobación dos presupostos para 2019 é necesaria para poder prever aspectos como os relativos ao cadro de persoal ou recoller cambios de obrigado cumprimento como a subida salarial a aplicar este ano aos traballadores públicos e que foi aprobada polo Estado. Ademais, permitirá realizar actuacións que cos orzamentos prorrogados non se podería, como a devandita adquisición do triángulo da desembocadura do Con ou continuar elevando os recursos destinados aos servizos Sociais, entre outros aspectos.

Na reunión fíxose entrega á oposición do resumo do orzamento para 2019, que ascende a 27.643.175 euros, un 1,12%máis que o do 2018. Este incremento débese ao aumento dos ingresos que soben principalmente no apartado de transferencias correntes (participación nos ingresos do Estado) e tamén no de impostos directos que, pese a manterse conxelados e incluso terse reducido o coeficiente do IBI rústico e do urbano, seguen medrando como consecuencia da inspección fiscal en xeral e da revisión da ponencia de valores aprobada polo goberno do PP en 2012.

Como nos anteriores exercicios, o presuposto deseñado polo executivo socialista para 2020 continúa coa potenciación das políticas sociais. De feito un dos principais incrementos no apartado de gastos é o aumento dos recursos destinados aos Servizos Sociais que ascenderán a 2.286.025 euros o que representa 547.595 euros máis que o ano pasado. Case a totalidade deste incremento destinarase á Axuda no Fogar, aínda que tamén se beneficiarán del as axudas municipais ás entidades sociais.

O outro apartado no presuposto de gastos que se incrementa máis este ano é o capítulo de persoal debido principalmente ao incremento salarial do 2,25% aprobado polo Estado para o presente ano en compensación aos recortes sufridos durante os anos da crise.

No gasto corrente elévanse as partidas destinadas a festas, Biblioteca, Persoas Maiores, Turismo e inspección fiscal, entre outras. No que respecta á Fundación Municipal de Deportes, o seu orzamento engorda 93.000 euros máis que o ano pasado, polo que chegará aos 1.115.000 euros.

Investimentos e cumprimento da regra de gasto

O capítulo de investimentos incluirá dúas partidas. Os 284.407 euros de recursos propios do Concello e os 550.000 euros da operación de crédito. A excelente saúde económica da economía municipal permite recorrer a este préstamo con total tranquilidade xa que deixaría o nivel de endebedamento no 24,88%, moi por debaixo aínda do límite do 75% que establece a lei para que os concellos operen libremente e do 110% permisible baixo supervisión das administracións superiores. Con este crédito, a débeda en termos absolutos do Concello acadaría 5.907.000. Non obstante, coas amortizacións que tamén prevé o Orzamento realizar antes de final de ano, baixaría a 4.424.900 euros. Por descontado, as conta municipais seguirían cumprindo a regra de gasto, o equilibrio presupostario e o nivel de endebedamento.

Ante o avanzado que está o ano e os prazos regulamentarios de tramitación, as concelleiras socialistas propuxeron que a aprobación inicial dos orzamentos se trate no Pleno ordinario do mes de xullo, xa que posteriormente será necesario expoñelos ao público e, de presentarse alegacións, informalas debidamente antes de sometelos a aprobación definitiva. A previsión é que o novo presuposto entren vigor a finais do mes de agosto. Tendo en conta toda esta situación, as concelleiras do goberno emprazaron á oposición ao mes de setembro para iniciar as reunións de traballo tendentes a actualizar as ordenanzas municipais e elaborar o Orzamento de 2020, de xeito que poida entrar en vigor co inicio do novo ano.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -