CONCELLO
O goberno convoca á xunta de voceiros para abordar os orzamentos de 2019, que se elevan ata os 27 millóns de euros O goberno local de Vilagarcía pretende levar ao Pleno do mes de xullo a aprobación dos Orzamentos Municipais para o ano 2019, razón pola cal vénse de convocar para o vindeiro martes unha xunta de voceiros na que abordar o asunto. Maila a altura do ano á que nos atopamos e a que o Concello están traballando cunha prórroga do orzamento de 2018, considérase necesario aprobar o documento para o presente exercicio a efectos de prever aspectos como os relativos ao cadro de persoal ou recoller cambios de obrigado cumprimento como a subida salarial a aplicar este ano aos traballadores públicos e que foi aprobada polo Estado.
12.07.2019. A xunta de voceiros celebrarase o martes, 16 de xullo ás 10.30 horas e nela participarán os representantes de todos os grupos da Corporación. Na xuntanza, o goberno local exporá á oposición as liñas fundamentais nas que se basea o proxecto elaborado polo executivo socialista, así como as principais partidas. Segundo o documento, o orzamento de 2019 superaría os 27 millóns de euros.