_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Vilagarcía incorpora o “heavy” a súa lista de eventos musicais co Alen MetalFest de mañá na Xunqueira

A lista de eventos musicais que se celebran en Vilagarcía suman o “heavy” e o metal aos estilos musicais que contan con festival propio. Será grazas ao Alen MetalFest que, organizado pola asociación O Souto de Rubiáns co patrocinio do Concello de Vilagarcía, entre outros, soará forte mañá, sábado 13 de xullo, a partir das 21:00 horas no Parque da Xunqueira cun atractivo e potente cartel escabezado por Aphonnic, unha banda viguesa de que está pegando forte a nivel nacional. A entrada é de balde.
12.07.2019.- O metalcore melódico e o metal alternativo de Aphonnic romperá a barreira do son na Xunqueira, onde os amantes do xénero tamén poderán deleitarse co deathmetal dos lucenses Vieitor, o potente heavy dos tamén vigueses Nostromo e coas cancións de temática social a ritmo do hardcore clásico e o punk dos pobrenses de Golpe Radikal. A cartel do Alen Metalfest complétase cun grupo local, Conspiracy que tamén deixarán a pegada do seu duro estilo metal.

A idea de poñer en marcha este festival xurde como un xeito de encher o baleiro existente tanto en Vilagarcía como no resto dos municipios da contorna respecto a eventos musicais destinados ao metal e hardrock, estilos que contan con numerosos afeccionados e tamén con grandes bandas nestas latitudes, segundo explica un membro da asociación O Souto.

Os organizadores explican que o Alen MetalFest nace cun formato pequeno pero cun cartel moi interesante co que atraer aos amantes deste xénero musical. Ademais teñen coa vocación de manterse como cita fixa no calendario musical de Vilagarcía .

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -