_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O vilagarcián Manuel Vidal gaña o Premio Nacional de Fotografía polo Medio Ambiente

O veciño de Vilagarcía, Manuel Vidal Torrado, foi o gañador do I Premio Nacional de Fotografía polo Medio Ambiente “Tu foto por un planeta mejor” convocado por Ferrovial Servicios, grupo no que se integra Cespa, a empresa concesionario do servizo municipal de limpeza. O certame tiña como obxectivo chamar a atención e sensibilizar a poboación sobre o coidado do medio ambiente. Responsables do Concello e do grupo empresarial presidiron onte o acto da entrega do premio consistente nun patinete eléctrico.
11.07.2019.- Á primeira edición deste Premio de Fotografía concorreron 60 fotografías procedentes de diversos puntos de España. O xurado reunido en Madrid valorou as imaxes, elixindo como gañadora a obra de Manuel Vidal Torrado. A fotografía vencedora foi tomada durante una actividade de limpeza da Ría de Arousa levada a cabo na zona de A Seca, en Cambados, con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente. Ademais de espertar conciencias, o xurado valorou que a imaxe representara a implicación da mocidade e a súa concienciación en materia de coidado e conservación do medio natural, así como que reflectise o esforzo físico realizado para mellorar un entorno natural desenterrando e sacando do fango da ría un vello neumático.

Á entrega do premio asistiron o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, o edil de Limpeza, Lino Mouriño, o xerente de Ferrovial para Galicia Sur, Jorge Pérez, a responsable de Comunicación de Ferrovial Servicios en Madrid, Pilar López e o encargado de Cespa-Ferrovial en Vilagarcía, José Manuel García.

Os representantes de Ferrovial entregaron ao gañador o premio del concurso, consistente nun patinete eléctrico e insistiron na importancia dos pequenos xestos que cada persoa pode facer a diario para mellorar e conservar o medio ambiente. Tamén reafirmaron o compromiso do grupo a continuar desenvolvendo iniciativas que contribúan á concienciación dos cidadáns nesta materia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -