_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O estudo topográfico pon en marcha a redacción do proxecto de ensanche e mellora do saneamento na rúa O Freixo

O Concello de Vilagarcía pon en marcha outro dos proxectos previstos para mellorar o rueiro e as redes de servizos municipais. Neste caso trátase do ensanche e mellorada da rede de saneamento da Rúa O Freixo, en Vilaxoán, unha actuación demandada dende hai anos polos veciños e que será posible despois de que o Concello chegase a un acordo para a compra a Coinba da franxa de terreo necesaria para acometer a ampliación. A Xunta Local de Goberno acordou esta semana contratar as medicións topográficas necesarias para a posterior redacción do proxecto. A firma Ceres Oficina Técnica Agrícola será a encargada de realizar o estudo contratado por 435 euros.
11.07.2019.- A redacción do proxecto técnico denominado “Mellora de servizos e urbanización na Rúa O Freixo” realizarase de xeito inmediato, tan pronto se teñan as medicións topográficas que permitan trazar os servizos de xeito correcto e, especialmente, para previr problemas no funcionamento do saneamento debido ás cotas e niveis, posto que a actuación ten como principal obxectivo solucionar os problemas no servizo do alcantarillado que sofren dende hai anos os veciños da rúa. Maila a intención do goberno local de renovar o antigo saneamento para acabar cos problemas, a estreitez da vía impedía levar a cabo a actuación, xa que a maquinaria precisa para acometer a obra non collía. Dada esta circunstancia o goberno negociou cos propietarios de Coinba a compra da franxa de 551,60 metros cadrados de terro para proceder ao ensanche por importe de 15.000 euros.

A intención do executivo é incluír a partida económica nos orzamentos de 2019, aínda por aprobar, licitar a obra e executala este mesmo ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -