_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello pon á disposición dos veciños 130 prazas para asistir Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla o 21 de xullo

Como vén sendo habitual dende hai anos, o Concello de Vilagarcía promoverá a participación na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla invitando a asistir a ela de xeito totalmente gratuíto a 130 veciños da cidade. A Concellería de Turismo contrata dúas embarcacións para facilitar a asistencia dos vilagarciáns a este evento anual que mestura tradición, cultura, relixiosidade e turismo. A ruta celébrase o domingo 21 de xullo pola tarde e os interesados deberán inscribirse para participar no sorteo mediante o cal se adxudicarán as prazas.
09.07.2019.- As persoas que desexen participar na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla terán que inscribirse mediante solicitude presentada no Rexistro do Concello, na sede electrónica sede.vilagarcia.gal ou a través do mail oficinaturismo@vilagarcia.gal . Unha mesma persoa non poderá figurar en máis de unha solicitude. O prazo de presentación está aberto do 10 ao 16 de xullo e o formulario de inscrición, así como as bases que rexerán o sorteo, poden obterse no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal , na oficina de turismo do Cavadelo e na sede electrónica.

A cada solicitude asignarase un número de orde para o sorteo que terá lugar o día 17 de xullo ás 12 horas no Concello. As persoas que obteñan prazas serán avisadas por teléfono en horario de mañá. Se algunha das persoas que confirmaron a súa asistencia logo decidira non acudir, deberá comunicalo na maior brevidade, á oficina de Turismo, no teléfono 98650122, ao obxecto de adxudicar a súa praza á seguinte da lista.

As embarcacións do Concello de Vilagarcía zarparán ás 16.30 horas do Peirao de Pasaxeiros, polo que os participantes na ruta deberán embarcar ás 16:15 horas presentando o seu DNI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -