CONCELLO
O radar da Policía detecta no último control un vehículo circulando a 102 quilómetros/hora nunha vía regulada a 50 A Policía Local de Vilagarcía continúa cos controis mensuais de velocidade nas vías do municipio no marco das medidas establecidas para mellorar a seguridade viaria e previr accidentes de tráfico. No operativo levado a cabo durante o mes de maio nun total de cinco estradas da cidade mediuse á velocidade a 2.124 vehículos, dos que se tramitaron 249 denuncias por superar en máis de 10 quilómetros por hora o máximo permitido en cada vía. O maior exceso de velocidade detectouse na Avenida de Cornazo, limitada a 50 quilómetros por hora, e onde o radar detectou a un vehículo circulando a 102 qm/h, máis do dobre do permitido.
27.06.2019.- Durante o mes de maio, o radas móbil da Policía Local estableceuse de xeito aleatorio e rotativo nas rúas O Vento (Cea), Vilar (Bamio), Outeiro (Bamio), Montiño, Avenida de Cornazo e Avenida Valle Inclán. Como xa se ven detectando dende que se puxeron en marcha os controis preventivos, o maior número de infraccións producíronse no tramo da Avenida Valle-Inclán limitado a 30 quilómetros por hora debido ás características e perigosidade da vía, onde a porcentaxe de infraccións dispárase, en comparación coas demais rúas, ata o 57% dos vehículos aos que lles mediu a velocidade de paso.
Os controis de velocidade continúan no mes de xuño e amplíanse a maior número de rúas coincido . Na semana en curso, do 24 ao 30 de xuño, o radar instalarse de xeito aleatorio nas rúas Luisa Vila Janer, avenida Agustín Romero, Avenida de Cornazo, Rúa O vento, Rúa Preguntoiro, Avenida Carolinas, Rúa Valentín Viqueira, Avenida Vilanova, Rúa Montiño, San Xoán de Bamio, Avenida de Rubiáns, Avenida Valle-Inclán, Avenida Víctor Pita e Rúa Pablo Picasso.