_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O 63% dos usuarios do comedor do campamento urbano recibirán gratis o servizo

A Concellería de Xuventude xa rematou a baremación das solicitudes para participar no campamento Urbano de Verán organizado para favorecer a conciliación de familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos de idade. Dos 90 participantes no campamento, 49 solicitaron tamén o servizo de comedor, dos cales 31 gozarán do mesmo de xeito totalmente gratuíto. Isto supón a gratuidade para o 63% dos rapaces que fagan uso do servizo de cátering. Ao estar ligado ao nivel de renda familiar, estes 31 usuarios tamén asistirán de xeito totalmente gratuíto ao campamento. A maiores destes, outros 10 rapaces tamén acudirán de balde ao campamento.
25.06.2019.- A Concelleria de Xuventude aplica os mesmos criterios sociais que os demais departamentos municipais á hora de bonificar os servizos e prestacións que oferta á cidadanía, ligándoos ao nivel de renda. Deste xeito preténdese acadar unha maior equidade contributiva á vez que garantir que todos os vilagarciáns poidan acceder so servizos municipais, independentemente do seu nivel de renta. No que aos campamentos urbanos se refire, establécese unha cota xeral para as actividades e outra para o comedor. Ambas son bonificables en función dos ingresos familiares.

Cotas sen cambios dende hai tres anos

As cotas, tanto a do campamento como a do comedor, mantense sen variación dende hai tres anos. Aio igual que as bases que regulan a prestación do servizo.
A cota xeral por asistencia aos campamentos é de 180 euros polos dous meses, 90 por un e 45 por quincena, establecéndose bonificacións en función da renda per cápita mensual familiar referida ao IPREM. Os descontos poden ser do 50% e ata do 100% para as familias cuxos ingresos sexa inferiores ao 80% deste nivel, ás que lles sairía gratis o servizo. Ademais, existen descontos dun 20% por familia numerosa ou monoparental e tamén nos casos nos que participen no programa máis dun irmán, aínda que estas tres situacións non serán acumulables. Como xa se dixo, 41 dos 90 participantes acudirán de balde ao campamento. O resto pagarán a correspondente cota polo tempo elixido para acudir ao campamento.

A cota do comedor é de 5 euros día, prestándose o servizo de xeito gratuíto a aquelas unidades familiares con rendas per cápita mensual inferior ao 80% do IPREM. Neste caso son 31 os nenos e nenas que comerán de balde no comedor do campamento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -