_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Galicia e Irlanda estreitan lazos a través do seminario bilateral baseado na obra de Plácido Castro

O Salón García acolle mañá pola tarde o seminario “A Irlanda de Plácido Castro”, unha xornada na que os dos países de raíces celtas estreitarán lazos a través da obra do erudito e tradutor de Corcubión. Profesores e doutores das universidades galegas e irlandesas actuarán como relatores no seminario que ten como complemento a exposición fotográfica que se pode visitar ata finais do vindeiro mes na sala de exposicións Antón Rivas Briones.
25.06.2019.- Estas dúas importantes actividades de carácter internacional organizadas pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Embaixada de Irlanda, o Concello de Vilagarcía e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O seminario de mañá ten como obxectivos divulgar o relato literario e fotográfico da viaxe de Plácido Castro á Irlanda de 1928 e, en especial, ás illas Blasket, ademais de significar e promover a proximidade entre Galicia e Irlanda.
Programa


16.00 Apertura
16,15 Irlanda en tempos de Plácido Castro
David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña.
17,00 O galeguismo e Irlanda
Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, doutor en Historia Contemporánea e profesor na Universidade da Coruña.
17,45 Pausa-café
18,00 A viaxe de Plácido Castro a Irlanda en 1928.
David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña.
18,45 Relacións culturais entre Galicia e Irlanda: de onte a hoxe.
Manuela Palacios González, Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Keith Payne, crítico e tradutor; Lector de Inglés na Universidade de Vigo.
19,45 Clausura

A maiores, continua a exposición “A Irlanda de Plácido Castro”, que reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en catro seccións (xentes, vida, patrimonio e paisaxe), as fotografías constitúen un vivo testemuño de gran interese, especialmente as relativas ás illas Blasket.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -