_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
Á venta ás últimas entradas para o xantar da Romaría dos Maiores deste sábado

As entradas para participar no xantar da Romaría dos Maiores o sábado, 29 de xuño, están a punto de esgotarse. Os interesados en participar no almorzo da gran festa anual organizada pola Concellería de Persoas Maiores aínda están a tempo para facerse coas últimas entradas. Simplemente terán que dirixirse á oficina municipal e adquirir o billete que custa 7,50 euros e, ademais recibirán unha xerra de vidro de agasallo. Con excepción do xantar, os demais actos organizados durante a xornada son de acceso libre e gratuíto para todas aquelas persoas que desexen pagar un día de festa e xogos en Fexdega.
24.06.2019.- A Área de persoas Maiores xa ten todo organizado para realizar a esperada festa anual de confraternización na que haberá actuacións musicais, baile, gastronomía, xogos e premios. Un total de 550 comensais poderán participar no almorzo consistente nun menú a base de empanadas variadas, lagostinos, carne ao caldeiro, sobremesas, pan viño, auga, refrescos, café e licores. A Concellería das Persoas Maiores organiza e subvenciona este encontro de verano a efectos de que os asistentes poidan gozar da xornada de diversión a un prezo asumible por todos os petos. O departamento que dirixe Tania García invita ao almorzo a un grupo de residentes da Residencia Divina Pastora.

A festa en Fexdega comezará a mediodía onde antes do xantar actuará a Coral Rosalía de Castro. Durante a xornada celebraranse os tradicionais concursos de baile, rá e chave e tamén se renderá homenaxe ao home e á muller de maior idade presentes na festa. A sobremesa estará amenizada polo grupo musical Los Tres Latinos, que animará o baile por cortesía da Deputación Provincial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -