_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O alcalde recibe á embaixadora de Irlanda como antesala das actividades da Fundación Plácido Castro

O alcalde, Alberto Varela, recibiu esta mañá no Concello á embaixadora de Irlanda en España, Síle Maguire, que visita Vilagarcía para participar nos actos programados pola Fundación Plácido Castro e para divulgar a obra do erudito nado en Corcubión e os estudos que realizou dos lazos que unen Irlanda con Galicia a través da súa propia experiencia sobre o terreo, de fotografías e artigos realizados polo intelectual galeguista que pasou os últimos anos da súa vida en Vilagarcía exercendo de profesor de inglés no instituto da cidade.
21.06.2019.- Na recepción, na que tamén participaron a concelleira de Cultura, Sonia Outón, a presidenta da Fundación Plácido Castro, Susi Castro e o secretario do organismo Xulio Ríos; o alcalde agasallou á embaixadora cunha camelia de ouro, símbolo da cidade. Pola súa banda, Maguire, deixou unha dedicatoria no libro de firmas do Concello na que recoñeceu estar moi compracida por ter a oportunidade de visitar “esta creativa e importante ciudad de Vilagarcía de Arousa” e agradeceu o caloroso recibimento que lle foi brindado polo Concello “y que refleja los lazos estrechos entre nuestros pueblos y el legado de Plácido Castro”. A Embaixadora rematou a sinatura escribindo “moitas grazas” en galego, gaélico, español e inglés.

A mediodía, a concelleira de Cultura inaugurou a exposición fotográfica “A Irlanda de Plácido Castro” nun acto no que tamén participaron a embaixadora de Irlanda, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, a presidenta da Fundación Plácido Castro. A mostra reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en catro seccións (xentes, vida, patrimonio e paisaxe), as fotografías constitúen un vivo testemuño de gran interese, especialmente as relativas ás illas Blasket.

Compleméntase con diversos paneis e obxectos relativos á vida, obra e pensamento de Plácido Castro, incluíndo pezas únicas que actualmente están en poder da familia, cedidas expresamente para a ocasión. Tamén se recollen escolmas da obra publicada en 2013 pola Fundación sobre as colaboracións xornalísticas que Plácido publicou no diario El Pueblo Gallego como parte da súa crónica sobre Irlanda.

A exposición poderase visitar na Sala Antón Rivas Briones ata o 24 de xullo.

O segundo dos actos programados pola Fundación en Vilagarcía terá lugar o 25 de xuño e consistirá nun seminario bilateral (Galicia-Irlanda) no que se analizará a viaxe de Plácido polo país Celta no contexto das relacións entre os dous pobos. No seminario participarán como relatores David Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin' da Universidade da Coruña; Keith Payne, crítico e tradutor, Lector de Inglés na Universidade de Vigo; Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, doutor en Historia Contemporánea e profesor na Universidade da Coruña; ou Manuela Palacios, Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Este seminario ten por obxectivos divulgar o relato literario e fotográfico da viaxe de Plácido Castro á Irlanda de 1928 e, en especial, ás illas Blasket, así como significar e promover a proximidade entre Galicia e Irlanda.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -