MULLER
A Escola Infantil Municipal e os colexios de Vilaxoán e Rubiáns reciben os Premios Igualdade na Escola A entrega do cheque de 500 euros con que está dotado cada un dos tres premios tivo lugar esta mañá no Salón Nobre do Concello. A concelleira de Igualdade, Tania García, e o concelleiro de Educación, Argimiro Serén presidiron o acto ao que acudiron alumnos, mestres e membros das ANPAS dos centros gañadores.
19.06.2019.- Os proxectos galardoados son:
“A igualdade comeza aquí”, da Escola Infantil Municpal “Bonecos” da Lomba. “Ti+ eu = Eu + Ti”, CEIP Vilaxoán “A muller en Galicia” CEIP Rubiáns”
Na edición deste ano concursaron sete proxectos de boas prácticas presentados pro centros educativos e ANPAS do municipio.
Para a concesión dos premios o xurado valorou a planificación e desenvolvemento do proxecto, os obxectivos e a coherencia das actuacións realizadas cos mesmos; o impacto ou resultado efectivo que tivo; o carácter innovador; o enfoque transversal ou o sostemento no tempo das accións, é dicir que teña como resultado cambios duradeiros que se poidan incluír nos Plans de Acción Anual, no Proxecto Educativo do Centro ou no Plan de Convivencia.
O premio para a igualdade de xénero “Boas Prácticas na escola” creouse coa intención de promover a igualdade entre nenos e nenas, previr e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos a desenvolver nos centros de ensino do municipio.