_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
Xuventude organiza dous campamentos tecnolóxicos de verán para a mocidade de 14 a 30 anos

A Concellería de Xuventude organiza unha nova edición do Tecnoverán, unha proposta formativa na que 40 mozos e mozas poderán adquirir coñecementos sobre as novas tecnoloxías traballando os eidos da innovación e a creatividade. Este ano celebraranse dous campamentos diferentes, o Tecnoverán, para rapazada de 14 a 17 anos, e un Hackathon -Hack the Vila- para a mocidade de 18 a 30 anos. Os obradoiros celebraranse a primeira e segunda quincena de setembro, xusto antes do inicio do curso, e a súa participación é totalmente gratuíta. Ofértanse 20 prazas en cada campamento a desenvolver no Centro de Formación de Matosinhos e o prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, 24 de xuño.
18.06.2019.- Os contidos que se abordarán nestes campamentos teñen un claro enfoque tecnolóxico. Presentaranse as diferentes tecnoloxías que agora se están a usar no mercado (programación, robótica, deseño e programación de apps, realidade virtual, aumentada e mixta, deseño e impresión 3D, drons…, así como as tendencias de futuro da industria 4.0). A intención é que os participantes as coñezan de primeira man e aprendan a manexarse con algunha delas. Ademais, os obradoiros teñen unha compoñente transversal tendente a acadar obxectivos de empregabilidade, orientando ao alumnado cara o emprendemento baseado nas habilidades sociais e valores como o respecto persoal, a igualdade de oportunidades entre homes e muller e a sustentabilidade medioambiental.

O prazo de inscrición para participar nestes obradoiros tecnolóxicos vai do 24 de xuño ao 22 de agosto. Os impresos pódense recoller na Concellería de Xuventude ou imprimir do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal e da sede electrónica do Concello, e deberán presentarse no rexistro xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13:45 horas. Os menores de idade deberán aportar ademais copia dos DNI dos pais, deles e da súa tarxeta sanitaria. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro.

Boa acollida dun programa que comezou en 2015

A Concellería de Xuventude desenvolve o Tecnoverán dende o ano 2015 nas Aulas CEMIT de Vilagarcía, o que supón un aproveitamento dos recursos da vila e un xeito de achegar á mocidade á oferta deste equipamento de novas tecnoloxías.

As edicións anteriores tiveron moi boa acollida, chegando ao 100% de ocupación en tódalas convocatorias executadas. Aínda que inicialmente era maioritaria a presenza de homes, cada ano fóronse sumando máis mulleres, chegando a ter listas bastante equilibradas. Así mesmo, nalgúns dos grupos incorporáronse mozos e mozas de centros de menores da vila, en situacións de risco de exclusión social.

O grao de satisfacción foi moi alto, xa que as novidosas metodoloxías para aprendizaxe empregadas (learn by doing, gamificación, design thinking e lean startup) no proceso de aprendizaxe, motivan aos grupos a participar e implicarse. Estas metodoloxías enfocadas ao traballo en grupo, reforzan especialmente as denominadas “soft skills” (habilidades de comunicación, capacidade para adquirir, procesar e desenvolver información, capacidade de toma de decisións e resolución de conflitos, traballo en equipo, xestión do tempo, habilidades de planificación, organización e priorización do traballo e a capacidade de negociación), que son claves para o mercado laboral actual.

No ano 2016, Tecnoverán seleccionouse como experiencia-relatorio no IV Congreso de Videoxogos e Educación organizado polo grupo ALFAS da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra, pola súa singularidade didáctica e gamificación do proceso de ensino-aprendizaxe.

O Tecnoverán é un programa organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía, subvencionado pola Xunta de Galicia e impartido por Xeneme-Proxectos Sociais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -