_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O plan de mellora do saneamento continúa coa renovación de tres bombeos en Bamio e Cea

O Concello de Vilagarcía levará a cabo nas vindeiras semanas unha nova actuación enmarcada no plan de mellora da rede de saneamento. A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta semana a adquisición dos equipamentos necesarios para renovar a maquinaria de tres bombeos situados nas parroquias de Bamio e Cea. O gasto realizado supera os 3.000 euros e as obras levaranse a cabo tan pronto se subministre o material.
14.06.2019.- A nova actuación de mellora das instalacións do servizo municipal de saneamento afectará a dous bombeos de Bamio, en concreto os dos lugares de Mar Pequeno e do Cemiterio, e a un de Cea, o localizado na zona do Río. Nos tres casos, os traballos consistirán en substituír as pezas da vella maquinaria por outras novas que garantan o perfecto funcionamento do sistema de bombeo das augas residuais nestes puntos, dado que as actuais están desgastadas polo uso continuado durante anos e xa non ofrecen unha prestación óptima, polo son máis frecuentes están ás avarías.

Un dos principais obxectivos do executivo presidido por Alberto Varela durante o mandato que está a piques de rematar foi a renovación progresiva do sistema de saneamento que, despois de anos sen recibir investimentos para o seu mantemento, presentaba un estado moi deficiente que daba pe a constante avarías e, consecuentemente, desbordamentos. Para ofrecer un servizo óptimo e loitar contra os verquidos, nos últimos catro anos leváronse a abo numerosas actuacións e investimentos en mellorar e renovar a rede, mediante a substitución de bombeos, ampliación de capacidade e potencia e ampliación da rede.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -