AVISOS
As prazas para as travesías en galeón adxudicaranse a partir do número 14 A Concellería de Medio Ambiente realizou onte o sorteo para participar nas travesías en galeón que organizan o Concello e o colectivo Rompetimóns. O número resultante do sorteo foi o 14, polo que a adxudicación das prazas dispoñibles realizarase dese número en diante. Para confirmar a asistencia e fixar o día e hora das excursións, a partir do 24 de xuño a Concellería de Medio Ambiente comezará a chamar aos solicitantes pola orde establecida no sorteo. As travesías realizaranse nas fins de semana, entre o 29 de xullo e o 1 de setembro.
14.06.2019.- O prazo para anotarse neste programa rematou o martes, 11 de xuño e en total foron 58 as solicitudes que recibiu Medio Ambiente para participar nas travesías en galeón este verán, aínda que o número de persoas interesadas en participan é moito máis elevado xa que en cada solicitude podían figurar ata un máximo de 5 persoas inscritas. Cada solicitude recibiu un número para participar no sorteo e que é o que rexerá agora para a adxudicación das prazas. As bases pódense consultar no taboleiro de anuncios da web.
Nesta edición deste demandado programa realizaranse un total de 20 travesías cuxa participación é totalmente de balde para os asistentes. O Concello financiar as rutas a través dun convenio de colaboración subscrito co colectivo Rompetimóns, que é titular do galeón e quen o tripula. O programa desenvolvese como unha iniciativa conxunta das concellerías de Medio Ambiente e de Turismo.
Xa está pechado o calendarios das travesías e os horarios das rutas que dependen das mareas. A celebración das mesmas supedítase ás condicións meteorolóxicas. Os participantes embarcarán no peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía e a duración aproximada da excursión é de 2 horas. O aforo no galeón Cortegada limítase a 9 viaxeiros, polo que en total este ano poderán gozar das rutas en galeón un total de 180 persoas.
CALENDARIO
XUÑO S 29 Xuño: 10:00- 12:00- 16:00- 18:00 horas. D 30 Xuño: 10:00- 12:00- 16:00- 18:00 horas. XULLO S 06 Xullo: 10:00- 12:00-1 6:00- 18:00 horas. AGOSTO S 10 Ago: 10:00- 12:00 horas D 11 Ago: 10:00- 12:00 horas S 31 Ago: 12:00- 16:00 horas SETEMBRO D 01 Set: 10:00- 12:00 horas