MEDIO AMBIENTE
Primeira batida do ano contra o cadillo, a planta dos pinchos detectada no areal da Concha-Compostela O Concello de Vilagarcía pretende evitar os problemas e molestias xerados o pasado verán na praia da Concha-Compostela pola aparición dos pinchazos ocasionados polo froito da planta do abrojo, tamén chamada cadillo. Para atallar a proliferación dos molestos “pinchos”, persoal dos departamentos de Xardín e Medio Ambiente colaboran na primeira batida dos areais que comezou hoxe mesmo co obxectivo de retirar as plantas antes de que a flor madure e se endureza converténdose nos problemáticos ourizos que se cravas en calzado, nos pés descalzos e ata chegan a pinchar rodas de bicicletas.
12.06.2019.- Segundo indicaron o ano pasado os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro aos que recorreu o Concello para identificar a molesta planta, a mellor época do ano para extraer o cadillo é a finais de primavera ou principios do verán, xa que é nesta temporada cando se detecta a flor e o froito xusto antes de que este seque e se endureza. Ademais, ao estar aínda verde, evítase que a semente se desprenda da planta e volva a xerminar no areal. O uso de maquinaria para a retirada do cadillo desaconséllase por resultar contraproducente, posto que ao cortar as ramas axudaríase a estender a semente con que a planta estenderíase aínda máis. Ademais, o uso das máquinas non é selectivo, polo que se segaría toda a vexetación, cando o que se pretende é so erradicar o abrojo. Consecuentemente, a extracción ten que facerse de xeito manual, traballo que ademais de ser moi laborioso, require ter moito coidado para non pincharse.
Oito operarios dos departamentos de Xardíns e de Medio Ambiente participan na batida que comezou hoxe pola zona do areal situado fronte ao parque da Compostela. Nesta primeira xornada detectaron unha maior presenza da planta nas inmediacións das pasarelas de madeira, situación que pode vir dada polo feito de que a xente límpase o calzado ao chegar ás plataformas e cando xa vai saír do areal contribuíndo, inconscientemente a que as sementes se acumulen máis nestes puntos.
A extracción do cadillo continuará esta semana co desprazamento progresivo cara a zona da Concha. As batidas levaranse a cabo de forma periódica. A seguinte realizarase no prazo aproximado dun mes e iranse repetindo para evitar situacións como as vividas o verán pasado e ir erradicando esta planta dos areais vilagarciáns pouco a pouco