_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O programa Conciliatardes ofrece 30 prazas para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2016

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía puxo en marcha os preparativos dunha nova edición do programa municipal de conciliación da vida laboral e familiar “Conciliatardes. Tardes coa Infancia” coa apertura do prazo de inscrición para o curso 2019/20. O servizo oferta 30 prazas destinadas a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2016. As familias interesadas neste programa deberán cursar solicitude de praza entre o 11 de xuño e o 5 de xullo.
11.06.2019.- O Conciliatardes é un programa socio educativo, de lecer e de apoio á infancia que se desenvolve de outubro a xuño, fóra do horario escolar, co obxectivo de facilitar a conciliación das responsabilidades persoais e profesionais das familias cuxos proxenitores non poden coidar aos seus fillos polas tardes por motivos laborais ou formativos. O servizo préstase no Centro de Formación de Matosinhos en horario de 15:30 a 21:00 horas, podendo solicitar xornada parcial ou completa nas situacións nas que queden debidamente xustificadas por ocupación laboral ou formativa nese mesmo horario.

Bonificacións ata a gratuidade en función dos ingresos

A cota máxima mensual por xornada completa é de 80 euros e 40 para a media xornada. Non obstante, a cota reducirase en función do nivel da renda da unidade familiar, para o cal se terá en conta os datos da declaración do IRPF de 2017 e o IPREM fixado para 2019. Así, haberá usuarios que poidan acudir de balde ao servizo e outros que so paguen o 25%, 50% ou 75% en función dos ingresos. A maiores, establécense descontos do 20% para familias numerosas, monoparentais e para o segundo e sucesivos irmáns asistentes ao programa.


Poderán participar no Conciliatardes nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2016, empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa, que formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo.

Ademais, poderán acceder ao servizo nenos e nenas que forman parte de unidades familiares que, non cumprindo o requisito de actividade laboral, formen parte do Programa de Educación e Apoio Familiar ou de Proxectos de Inclusión no ámbito dos Servizos Sociais Comunitarios.

No caso de haber máis solicitudes que prazas, accederase ao servizo tendo en conta a orde de puntuación acadada na baremación. Resérvanse 10 prazas para aquelas unidades familiares que tras a valoración dos técnicos dos Servizos Sociais sexa aconsellable a súa asistencia ao Programa. Terán acceso directo ao servizo, as unidades familiares, nas que a nai se atope en situación de violencia de xénero.

Bases e formularios de inscrición

As bases que rexen o Conciliatardes poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal . Nelas figuran os requisitos para acceder ao servizo e as normas do mesmo, os criterios de baremación e a documentación a aportar. Os formularios para solicitar a praza tamén se poden imprimir dende o taboleiro da web. A lista provisional de admitidos publicarase o 30 de xullo.

Formulario de inscrición:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -