_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Festival Internacional de Fotografía iNstantes chega a Vilagarcía con mostras e actividades en Rubiáns e no Salón García

Vilagarcía de Arousa converterase do 15 ao 22 de xuño na primeira cidade de España en acoller o Festival Internacional de Fotografía “iNstantes”. O certame creado en Portugal e que este ano celebra a súa sexta edición contará cunha delegación na nosa cidade para organizar mostras e actividades que terán como puntos neurálxicos o Salón García, no centro da cidade, e Rubiáns, concretamente o Centro Socio Cultural da parroquia e a finca Fontán. Trinta fotógrafos, entre eles cinco arousáns, aportan obras ás exposicións, que tamén contarán con fotografías realizadas por autores doutras localidades de Galicia e de España, así como de países como Portugal, Brasil, Arxentina, Francia e Honduras.
11.06.2019.- O programa de iNstantes en Vilagarcía inclúe entre as actividades a desenvolver no Salón García proxeccións fotográficas, charlas debate sobre diversos temas, como a atención á diversidade e través da linguaxe da imaxe e a proxección dunha curtametraxe do cineasta vilagarcián David Blanco.

A coordinadora da sección do iNstantes en Vilagarcía é Teresa Díaz Charlín que, á hora de programar as actividades valorou principalmente a calidade das obras e potenciar a visualización e o recoñecemento de autoras galegas emerxentes, ou fotógrafas vencelladas a Galicia. Na finca Fontán (Rubiáns) poderanse ver 13 exposicións individuais, unha instalación e 1 exposición conxunta dun colectivo de Murcia. Neste mesmo marco tamén se celebrarán proxeccións, encontros e charlas debate. Por último, no Centro Socio Cultural de Rubiáns instalarase unha exposición individual.

O certame
O festival que naceu na localidade lusa de Avintes (Vilanova de Gaia) está dirixido polo fotógrafo Pereira Lopes. Neste tempo foi medrando pouco a pouco e enriquecéndose con propostas diversas dentro do mundo da fotografía artística, conceptual e de autor. Ademais, durante as cinco edicións celebradas ata o de agora, o festival foi expandíndose, tratando o seu director de que cada ano teña un foco de difusión fora do Portugal continental. De feito, no que leva de percorrido, xa tivo unha delegación en Bogotá (Colombia) e en 2018 estivo representando en Constanza (Romanía) e na Ribeira Grande (Illas Azores).


+ info en: http://www.instantesffa.com/programacao-2 /
http://www.instantesffa.com /

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -