OBRAS E SERVIZOS
A mellora e ensanche do camiño entre Perrón e Sentín obtén unha axuda a través da AGADER O proxecto elaborado polo Concello de Vilagarcía para mellorar e ensanchar o camiño que discorre entre os lugares de Perrón e Sentín, na parroquia de Rubiáns ven de conseguir unha axuda a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais da AGADER. A actuación promovida polo goberno local ten un custe de138.242 euros, dos cales a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aportará 47.848, correspondéndolle ao Concello financiar 90.395 euros restantes.A subvención acaba de ser conformada esta semana, polo que o seguinte paso a realizar será sacar a licitación a obra que se enmarca no plan de mellora da rede viaria rural que está a levar a cabo o Concello.
30.05.2019.- O goberno local decidiu actuar no camiño de Perrón a Sentín debido ao acusado desgaste que presenta o firme, con zonas afundidas e a presenza de numerosas fendas. A actual plataforma ampliarase aproveitando os retranqueos de parcelas levados a cabo nos últimos tempos para axustar as alineacións ao recollido no Plan Xeral de Ordenación Urbana. Este ensanche da vía repercutirá nunha mellora da seguridade viaria para os vehículos e para o tránsito peonil.
Por último, aproveitaranse as obras para dotar ao camiño dunha rede de drenaxe de pluviais. Finalmente se fresará a actual capa de rodadura e se botará unha nova a base dunha mestura bituminosa en quente. Os traballos concluirán coa elevación das caixas de rexistro das redes de servizos existentes.
As obras teñen un prazo de execución de dous meses.