_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Vilagarcía acolle do 10 ao 12 de xuño o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO Galicia

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu esta mañá aos responsables da Federación de Pensionistas de CCOO Galicia que se encargan da organización do XVI seminario de Atención as Persoas Maiores que organiza anualmente o sindicato na comunidade autónoma. Esta será a segunda vez que Comisións elixe Vilagarcía para acoller o seminario galego que se desenvolverá no Auditorio os días 10, 11 e 12 de xuño e no que expertos galegos e do ámbito nacional abordarán aspectos de plena actualidade como o futuro das pensións públicas ou a brecha de xénero nas pensións, e outros de grande interese para o colectivo de maiores como a atención á dependencia dende as perspectivas sanitaria e social ou a calidade de vida e o benestar social dos maiores.
30.09.2019.- A delegación recibida esta mañá polo alcalde formábana o secretario xeral da Federación de Pensionistas de CCOO Galicia, Carlos Mella; o secretario de organización da Federación, Carlos Aneiros; o secretario comarcal de Pensionistas CCOO Arousa, Elías Vila e o representante de Vilagarcía, Francisco José Cuba. A concelleira de Facenda, Luz Abalo, tamén asistiu á xuntanza na que os sindicalistas presentaron ao alcalde o programa das xornadas para cuxa organización contarán coa colaboración do Concello de Vilagarcía, que pon a súa disposición a sala de conferencias do Auditorio durante as tres xornadas, así como outros medios necesarios para o desenvolvemento do evento. Os organizadores calculan que o seminario atraerá á cidade a preto dun centenar de persoas procedentes de diferentes lugares de Galicia. Os organizadores tamén invitaron a varela Paz a presidir a sesión inaugural do seminario o día 10 de xuño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -