_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Xoel López actuará o 21 de agosto na Xunqueira no marco das festas de San Roque

Xoel López é a ultima incorporación ao cartel de concertos das Festas de San Roque 2019. A Concellería de Cultura vén de pechar o acordo para que o músico coruñés, referente da música independente nacional, actúe o mércores 21 de agosto no parque da Xunqueira nun concerto que, como todos os das festas de Vilagarcía será de carácter gratuíto. O Esta actuación, dirixida a un público de máis de trinta anos, súmase á que ofrecerán o xoves 22 de agosto Blas Cantó, con máis seguidores entre o público máis novo, e o venres 23 Víctor Manuel, para a poboación de maior idade.
24.05.2019.- Nado na Coruña en 1977, Xoel López é un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, defínese como un artista libre.

Xoel López douse a coñecer e triunfou con “Deluxe”, formación coa que tivo unha fructigera carreira desenvolvida entre o ano 2001 e 2009 con éxitos tan soados e cantados como “Que no”. Ese último ano inicia un proxecto en solitario e da o salto ao Continente Americano. Froito desa experiencia inicia unha nova etapa gravando en 2012 o seu primeiro disco como Xoel López, “Atlántico”, polo que foi o gran vencedor da Gala dos V Premios de la Música Independente celebrada en xuño de 2013 en Madrid, na que Xoel se fixo con dous dos principais galardóns: Mellor Álbum de autor e Mellor Artista Nacional, categoría á que se presentaran preto de 400 propostas.

En 2015 chega o segundo traballo discográfico “Paramales” e en 2017 o terceiro e, ata o de agora, o último, “Sueños y Pan”. Os temas deste disco serán os que Xoel López e a súa banda presentarán no concerto do 21 de agosto en Vilagarcía, no que tamén haberá espazo para repasar outros grandes éxitos da súa carreira profesional, como “Buenos Aires”, “Tierra” ou “El Cielo de Madrid”, entre outros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -