_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello contrata a redacción do proxecto do ensanche e mellora de servizos na rúa O Freixo

Tras chegar ao acordo e adquirir os terreos necesarios para ensanchar a Rúa do Freixo, en Vilaxoán, o Concello de Vilagarcía acaba de iniciar o procedemento para levar a cabo a obra. A Xunta de Goberno Local acordou esta semana contratar por 3.146 euros os traballos de redacción do proxecto técnico e de execución da actuación denominada “Mellora de servizos e urbanización na Rúa O Freixo” e que incluirá o ensanche da rúa, a construción dunha beirarrúa e a renovación da rede municipal de saneamento.
23.05.2019.- A obra prevista ten como principal obxectivo solucionar os problemas no servizo do alcantarillado que sofren dende hai anos os veciños da Rúa O Freixo, con frecuentes avarías e desbordamentos da rede. Maila a intención do goberno local de renovar o antigo saneamento para acabar cos problemas, a estreitez da vía impedía levar a cabo a actuación, xa que a maquinaria precisa para acometer a obra non collía. Dada esta circunstancia o goberno negociou cos propietarios de Coinba a compra da franxa de 551,60 metros cadrados de terro para proceder ao ensanche. A compra materializouse hai unhas semanas por importe de 15.000 euros, deixando libre de obstáculos a actuación.

Unha vez se dispoña do proxecto técnico e se coñeza o importe das obras a realizar, a intención do executivo é incluír a partida económica nos orzamentos de 2019, aínda por aprobar, licitar a obra e executala este mesmo ano.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -