_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello súmase ao plan “O Teu Primeiro Emprego” para facilitar a realización de prácticas laborais a 4 titulados

Co obxectivo de a mocidade poida adquirir experiencia laboral tras a obtención dos seus títulos profesionais, o Concello de Vilagarcía adhírese ao Plan “O teu primeiro emprego” promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra. A Xunta Local de Goberno acordou esta semana solicitar ao organismo provincial unha subvención de 46.800 euros cos que financiar a contratación de 4 titulados e para o que o Concello aportará outros 23.095 euros.
23.05.2019.- O programa “O teu primeiro emprego” ten como finalidade facilitar aos titulados universitarios e de ciclos superiores de Formación profesional o acceso a un primeiro emprego adecuado ao nivel e á especialidade dos estudos cursados, de xeito que lles permita adquirir a experiencia profesional que se lles demanda desde a iniciativa privada para a posterior inserción no mercado laboral.

En proporción ao número de habitantes, a través deste plan Vilagarcía pode solicitar financiamento para 4 contratos de prácticas a xornada completa e durante un período de 12 meses. As titulacións propostas polo Concello son diplomatura ou grao de Traballo Social, diplomatura ou grao en Maxisterio, ciclo superior de técnico en actividades Físico e Deportivas (TAFAD) e ciclo superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Estes bolseiros desempeñarían as súas funcións no Concello nos departamentos de Servizos Sociais, Educación, Fundación de Deportes e Emprego, respectivamente.

A solicitude da subvención xa se remitiu á Deputación que deberán resolver a convocatoria para poder iniciar os trámites para a selección dos aspirantes tan pronto como se saiba si se aproba a axuda.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -