_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello recorrerá ás cámaras dos comercios para identificar aos responsables dos danos na obra da Independencia

O Concello de Vilagarcía solicitará aos comercios da contorna da Praza da Independencia as gravacións das súas cámaras de seguridade co obxectivo de identificar aos autores dun acto vandálico nas obras de humanización que se están a executar. Si os vídeos captaron aos responsables dos danos, o Concello denunciará os feitos co obxecto ante a Xustiza a efectos de que os autores asuman os custes da reparación.
21.05.2019.- Os danos afectan a un tramo do firme de formigón que se botou onte na rúa transversal que une San Roque (fronte ao colexio San Francisco) con Padre Feijó. Os gamberros utilizaron un elemento punzante para escribir sobre formigón que aínda non secara. Os danos afectan a unha superficie importante que deberá ser tratada novamente para deixar o firme completamente liso. A maiores do custo que poida ter a actuación, este acto vandálico demorará un pouco os traballos que, maila isto, avanzan a moi bo ritmo. De feito, o proxecto o goberno confía en que en moi pouco tempo, os veciños e comerciantes da zona poidan gozar en moi pouco tempo destes novos espazos humanizados, modernizados e accesibles.

A obra promovida polo Concello de Vilagarcía ten un custe de 232.000 euros que se financian a través dos fondos europeos do programa “Vilagarcía Avanza” incluído na estratexia DUSI.

Chamaneto ao civismo

O goberno local advirte que denunciará todos os casos de actos vandálicos cometidos sobre bens públicos e mobiliario urbano do Concello para que os responsables asuman o custe das reparacións. Por último, o goberno fai un chamamento ao civismo lembrando que os bens públicos pagámolos todos cos nosos impostos, polo que debemos coidalos e respectalos igual que facemos cos nosos bens privados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -