FESTAS
A macro foliada de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre porá a banda sonora á véspera de Santa Rita As celebración na honra de Santa Rita seguen collendo velocidade. A xornada do martes, 21 de maio, véspera do día grande das festas, virá claramente marcada pola macro foliada que o músico coruñés Xabier Díaz ofrecerá a partir das 21:00 horas no Parque da Xunqueira acompañado das Adufeiras de Salitre. Un animado concerto no que o folclore e a música popular galegos serán os grandes protagonistas. Ademais, durante a xornada continuarán as actividades de animación da Feira Celta, haberá pasacalles e as proxeccións da Caixiña dos Mixtos para os nenos. O colofón á xornada porao El Combo Dominicano coa verbena ca contorna de Vista Alegre.
20.05.2019.- Xabier Díaz, acompañado da percusión e as voces das Adufeiras de Salitre, dará conta dos traballos do seu último disco en común "Noró", todo un canto a Galicia e ás músicas dos pobos do norte. O concerto está incluído no programa Musigal da Deputación e, como en todos os eventos das festas de Santa Rita, a entrada é libre e de balde.
No espectáculo interveñen 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
AXENDA PARA O MARTES 21 MAIO DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta 11:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato. Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro). 12:00 O Fauno percorre o mercado 12:45 Pasacalles de música Celta 13:30 O xigante malabarista divirte aos cativos 14:00 Pasacalles de Música Celta 15:00 Peche do mercado
DE 18:00 A 24:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta 18:00 Apertura do Mercado Celta 18:45 O Fauno percorre o mercado 19:00 Pasacalles de música Celta 20:00 O xigante malabarista percorre o mercado 20:30 Pasacalles de música celta 21:30 O xigante malabarista divirte aos cativos 22:00 Espectáculo de fogo e malabares 24:00 Peche do mercado
DE 17:00 A 20:00 [ALAMEDA – AVDA. DA MARIÑA] Festivaliño on the road - X Aniversario da Caixiña dos Mixtos Festival itinerante de cinema infantil
20:00 [RÚAS DA CIDADE] Pasacalles: Agrupación Folclórica Froallo de Vilagarcía 21:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Programa Musigal 2019 da Deputación de Pontevedra 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas. Humildes e poderosos a un tempo… Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas. 22:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA] Verbena popular. El Combo Dominicano