_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía acolle en xullo o Europeo 420 e 470 de Vela coa participación de máis de 400 regatistas de 20 países

Vilagarcía será escenario entre o 23 e o 30 de xullo do Campionato Europeo Júnior de Vela clase 420 e 470 no que participarán máis de 400 regatistas de entre 15 e 23 anos de idade procedentes de máis de 20 países. O evento deportivo, que terá o seu epicentro no Centro Galego de Tecnificación de Vela, abrirase á cidade cunha cerimonia e desfile inaugurais e un acto de clausura e entrega de trofeos no centro da vila. Para organizar estes aspectos, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; o concelleiro de Deportes, Argimiro Serén e o director da Fundación Municipal, Juan Miguel Doval, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo co presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o vicepresidente, Pedro Piñeiro e o director do Centro de Tecnificación, Bruno Gago.
20.05.2019.- A maiores da relevancia mesma da cita deportiva, o europeo de vela marcará un fito en Vilagarcía por varias razóns. En primeiro lugar porque, aínda que Vilagarcía ten sobrada experiencia na celebración de competicións de ámbito nacional, será a primeira vez conte cun europeo. Ademais, Vilagarcía converterase na primeira cidade de España en acoller o Campionato Júnior 420 e 470, celebrado por primeira vez en Irlanda no 2004 e que coa deste ano sumará dezaseis edicións. En segundo lugar, porque tamén será a primeira vez que unha competición salga da contorna das instalacións deportivas propiamente ditas, é dicir, do entorno do Centro de Tecnificación, para celebrar no centro urbano os actos protocolarios e compartilos coa cidadanía.

Promoción e proxección internacionais
O presidente da Federación explicou que isto se fai tanto para dar a coñecer e visibilizar o deporte da vela, como para promocionar a propia cidade ante os centenares de deportistas e os países representados no evento. Esta promoción ao exterior tanto da cidade como do centro de Tecnificación e da idoneidade das augas da Ría de Arousa para a práctica da vela terá unha proxección internacional por televisión, incluído o programa estatal do 500 aniversario da Volta ao Mundo de Magallanes e Elcano.

Países de varios continentes
Alemaña, Austria, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Gran Bretaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal e Suíza son os países europeos representados no campionato, aos que se suman os que participan no aberto sen puntuar nesta proba, como Australia, estados Unidos, Turquía, Israel, Singapur e Xapón.

Villaverde apuntou ademais a relevancia que o campionato terá nos sectores turísticos, hostaleiro e comercial debido á cantidade de xente que atraerá a Vilagarcía durante oito días (deportistas, técnicos, xuíces e familiares dos regatistas).

Neste senso, o alcalde recoñeceu que “o retorno económico deste campionato está garantido” e agradeceu ao presidente e ao vicepresidente da Federación Galega de Vela así coo ao director do centro de Tecnificación “que nos teñan presentado este proxecto tan ilusionante e realizable e que contará con todo o respaldo do Concello”. Varela Paz expuxo que a Vilagarcía debe apostar forte pola vela, deporte que ten na nosa cidade unhas instalacións e infraestruturas únicas e porque somos a cabeceira dunha ría cunhas condicións idóneas para a navegabilidade durante todo o ano e que case ningún país do mundo pode igualar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -